Opinión
Marta Vázquez Torre (Mestra de Educación Primaria)
Unha educación á marxe das emocións?

Nenos nun parque infantil do Concello do Grove. / M. Méndez
Na actualidade parece xa imposíbel pensar que a educación presente nos centros educativos poida impartirse á marxe da educación emocional. Aínda así, seguen existindo metodoloxías que tratan de ignorala, primando unha ensinanza todavía centrada na transmisión de contidos por riba dunha visión global do alumnado, onde a parte emocional xoga un papel primordial. De feito, tela atendida como se merece, está demostrado que favorece a aprendizaxe, crea climas de aula máis respetuosos, seguros, colaborativos, aumentan o benestar e favorecen a educación integral (tantas veces mencionada).
De feito, a ninguén se lle ocorre dubidar de que na nosa vida diaria precisamos saber como xestionar as emocións, pois estas están presentes en cada paso que damos: nas relacións que se establecen cos demais, na interpretación da nosa entorna, na cobertura ou non das necesidades que manifestamos, ligadas ás nosas expectativas, ao que logramos, ao que perdemos,….Como algo que está tan activo de maneira permanente pode pasar a un segundo plano ou non estar presente (nos peores dos casos)?
Conscientes desta necesidade xa son cada vez máis docentes e centros, os que tratan de incluílas na aula como parte do quefacer diario, dando cabida ás mesmas para ensinar a identificalas, comprendelas, expresalas e regulalas, sen reprimilas.
Sen embargo, traballos como o «I Estudio Nacional sobre Educación Emocional en los colegios de España» (2021) do Instituto de Intelixencia Emocional e Neurociencia Aplicada (Idiena), indica que tan só un 5% dos centros aplican medidas formais de educación emocional, a pesar das iniciativas máis persoais ou grupais que se poidan estar dando.
Dende o meu punto de vista falta algo primordial para que algo aislado e dependente da sensibilidade máis individual de centros e docentes se expanda; precisando, por tanto, dunha recollida deste tipo de dinámicas de maneira clara e evidente, introducíndoo na lexislación como elemento, xa non soamente transversal, se non con entidade propia e con horarios regulados, contidos e obxectivos explicitados e integrados nas dinámicas ordinarias da aula.
Estou segura que, deste xeito, melloraríamos o noso sistema educativo e lograríamos a alumn@s máis competentes nos nosos centros para afrontar a vida presente e futura.
Suscríbete para seguir leyendo
- El convento de Vilavella vuelve a la vida: GBC Hoteles invierte casi 10 millones para convertir el edificio del siglo XVI en un complejo hotelero con spa
- Detenido un conductor de madrugada por saltar por las escaleras de Joaquín Loriga en una persecución policial
- Evacúan de madrugada a un vigués de un velero fondeado en Arneles en la ría de Aldán
- Volotea cancela la venta de 32 rutas para este invierno
- El germen de un icono futbolístico y urbanístico de Vigo
- Lalín dijo sí a sus dos primeras novias
- Evacuado un marinero por un accidente a bordo de un palangrero a 15 millas al oeste de las Cíes
- El calor se ceba con Cíes y Ons: cinco urgencias atendidas en menos de media hora en el Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia