Opinión
Xoan Manuel Estévez Freixeiro
O disco branco galego

Jei Noguerol. / FdV
Hai 50 anos comezaba a normalizarse a edición de discos de longa duración - LP - de cantautores galegos. Un deles foi o titulado “Denantes dos vinte anos” de Jei Noguerol, segundo canción homónima incluída nun anterior single en 1971. Desde entón o noso artista vén sendo un emigrante en Barcelona, cidade na que se licenciou en Filoloxía galaico-portuguesa e na que exerceu de profesor de Ensino Secundario de Lingua e Literatura Castelá. Pero a súa orixe sitúase na Mariña luguesa, en Covas (Viveiro), e oseu vínculo con Galicia vén sendo permanente ao longo da súa traxectoria, como demostrou naquel LP editado en 1976 . Así, a imaxe das lanchas varadas en portos do Cantábrico galego motivaron o fermoso tema “Que bicaba na terra”. A emigración é cantada en “Voa, voa”, e na súa música é perceptible a influencia dunha melodía popular italiana de nadal do século XVIII - “Piva, piva” - . Mesma temática é a relatada en “Hannover 20-4-70” , canción baseada nunha carta enviada dende Alemaña a un soldado que estaba a cumprir o servizo militar na Coruña. Máis prosaico é o seu tema máis popular, “Señor Ministro, por favor”, no que con humor avogaba por unhas mellores estradas na nosa xeografía, en función das dificultades padecidas naquela altura na viaxe da Fonsagrada a Lugo e viceversa, o que motivou diversas protestas e mesmo o alcalde da primeira localidade manifestou que non tiñan porque coñecerse fóra daquela situación tan lamentable. “Señor Ministro...” fora editado antes en formato single con portada do debuxante Romeu, tamén alusiva ao tema.
Instrumentalmente, o LP contou coa concorrencia de varios músicos representativos da chamada música laietana - movemento xurdido en Barcelona durante os anos 70 do pasado século -, algúns deles acompañantes frecuentes de Jei Noguerol por aquel entón - Toni Xuclà, Enric Herrera, Xavier Batllés... -. A portada branca do disco incluía a dobre imaxe do cantautor e evocaba á do famoso “Álbum branco” dos “Beatles”. Foi deseñada polo pintor Robert López Pérez. A súa presentación na nosa cidade, no verán de 1976, tivo como marco o restaurante “El Timón” de Coruxo e contou coa presencia de representantes das emisoras de Radio Popular do norte da península Ibérica, amais dun grupo de gaiteiros. Foi un acto organizado pola discográfica galaico-catalán EDIGSA /xistral, editora do LP . Posteriormente, varias reedicións en formato CD mantiveronaceso o seu repertorio, e nelas incluíuse un texto escrito por Xesús Alonso Montero - profesor que foi do propio Noguerol -, no que se pode ler: “Que hoxe se nos ofreza o corpus esencialdas súas cancións é unha magnífica noticia. Boa ocasión para facerlle ó seu autor e cantor a debida xustiza histórica”. Por certo que Alonso Montero foi un dos asistentes á presentación do poemario “Folgos. Trobas existencias”, tamén da autoría de Jei Noguerol - Galaxia - , acto celebrado na Delegación viguesa da Deputación Provincial o 21-6-21. Do vínculo do cantautor coa nosa cidade recordamos a súa presenza reiterada en Castrelos, unha delas co gallo da homenaxe de “Galiza a José Afonso” , xunto a outros moitos colegas, desenvolta o 31 de agosto de 1985.
Posteriormente, despois daquel primeiro LP e xa asentado tal formato na nosa discografía, novos rexistros mantiveron a continuidade do seu canto: “Cantigas da Fradería” (1978), “Polo Atlántico Norte” (1985), “Lúa Nova” (1997). Un fito na súa traxectoria foi conseguir o 1º Premio no XIV Festival de Villancicos Nuevos, organizado por Radio Popular de Iruña (Pamplona), coa titulado “Belén anoitece”- 1980 - . A contribución de Jei Noguerol á nosa cultura mostra a viabilidade dunha canción galega con identidade de seu, que pervive entre a resistencia e a normalidade desde hai máis de 50 anos.
*Xoan Manuel Estévez Freixeiro é critico musical. Membro sa Asociación Cultural Pertenza
Suscríbete para seguir leyendo
- Piden el cese del jefe de gabinete del vicepresidente de la Diputación de Pontevedra y él alega que era un «trend» de TikTok
- Adiós al bosque que plantó y cuidó durante décadas Arturo, un vecino de As Lagoas: Adif taló la mayoría de los 50 ejemplares de árboles que era refugio climático y de aves
- El conductor de un vehículo persigue al de un autobús hasta la estación de Cangas y le rompe una puerta y el limpiaparabrisas
- La isla de Ons pierde parte de su luz: adiós a Áurea Reiriz Otero, farera, percebeira, cantadora y pandeireteira
- El IES que se quedó sin cafetería: «Sin poder vender bollería o refrescos, las cuentas no salen»
- Las zonas de bajas emisiones ya son una realidad en Vigo: así funciona la primera fase y vehículos afectados
- Fallece en Vigo Antón Pulido, referente del arte gallego, a los 81 años de edad
- Un coche impacta contra un céntrico supermercado de Vigo y hiere a una empleada