Opinión

Director do CiTIUS da USC
Libros: o diñeiro mellor gastado por vostede
Gumersindo Busto era un emigrante galego asentado en Bos Aires cando comezou, en 1904, a darlle forma a unha idea singular: crear na Universidade de Santiago de Compostela unha institución que reunise o coñecemento producido en América e permitise estreitar os vínculos culturais entre unha e outra beira do Atlántico. O seu propósito inicial era crear outra universidade en Compostela —a Universidade Libre Hispanoamericana—, pero non chegou a callar. Si o fixo a Biblioteca América, que este ano celebra o seu centenario.
Busto mobilizou durante anos institucións, intelectuais e comunidades de emigrantes, sobre todo en Bos Aires e Montevideo, cidades nas que residiu, pero tamén noutros lugares do continente americano. De todas partes comezaron a chegar a Santiago caixas con libros, mais tamén con mapas, moedas, medallas, bandeiras, pezas arqueolóxicas e coleccións de fauna e flora.
Na visita que fixen á exposición A Biblioteca América: un soño inaugurado en 1926, organizada pola Universidade de Santiago de Compostela, baixo o imprescindible comisariado da profesora Pilar Cagiao e do profesor Eduardo Rey Tristán, chamoume moito a atención a tarxeta coa que o presidente e o secretario da Comisión Protectora da Biblioteca América procuraban novos socios en 1923, apelando a que sería «o diñeiro mellor gastado por vostede».
A Biblioteca América abriu as súas portas con algo máis de 12.000 volumes e hoxe reúne preto de 37.000. Literatura, historia, dereito, medicina, botánica, ciencias sociais e naturais… Non aspiraba unicamente a falar sobre América, senón a permitir que América se explicase a si mesma, e así foi.
Se Busto vivise hoxe, seguramente as súas fantásticas ideas e o seu encomiable empeño canalizaríanse doutro xeito. Hoxe, a maior parte do saber escrito está ao alcance dun clic, e esa inxente cantidade de texto dixital serviu para adestrar máquinas que manexan a linguaxe e o coñecemento humanos dun modo imposible de imaxinar daquela. En todo caso, o libro segue a ser indispensable. E non só como medio para unha sociedade informada, educada e reflexiva, senón como a mellor defensa que temos fronte á desinformación, a negación da ciencia, a crecente densidade do ruído entre as palabras, a delegación cognitiva, a falta de atención —xa case unha constante— e a permanente aceleración da vida.
Papel e pantalla non son inimigos. Nin no primeiro reinan todas as virtudes nin na segunda todas as tebras. Pero é certo que poden predispoñer a usos e abusos distintos, e ignoralo adoita ser unha fonte adicional de problemas. Ninguén, supoño, mercaría un libro de «tuiteirías» nin iría ao cine ver vídeos de gatiños. Tampouco acudiriamos á consulta dun influínte para sentarmos no seu diván e pagarlle por iso. Pero nunha pantalla os contidos tóxicos, os vídeos insulsos ou o cacarexo de mil e un sabichóns teñen unha infinidade de seguidores que aplauden cos seus likes os insultos, os disparates e as nimiedades.
Facer doazóns para unha biblioteca que non vas pisar e para libros que nunca chegarán a ti porque os destinas a mans alleas é unha iniciativa tan singular como fermosa. En 2004, coincidindo co centenario da idea de Busto que xermolou en biblioteca, fixemos tamén unha exposición e promovemos algunhas iniciativas máis, como a de volver pedir doazóns de libros singulares para unha biblioteca que foi singular desde a súa mesma concepción. Eu mesmo, como reitor daquela, apliqueime nas peticións, e a resposta, transcorrido un século, volveu ser moi positiva.
Estas efemérides, ademais de seren un exercicio de memoria institucional, deberían interpelarnos sobre que estamos dispostos a facer hoxe para que dentro de cen anos exista unha sociedade que continúe publicando libros, que queira seguir conservándoos e, sobre todo, léndoos.
Suscríbete para seguir leyendo
- Piden el cese del jefe de gabinete del vicepresidente de la Diputación de Pontevedra y él alega que era un «trend» de TikTok
- Adiós al bosque que plantó y cuidó durante décadas Arturo, un vecino de As Lagoas: Adif taló la mayoría de los 50 ejemplares de árboles que era refugio climático y de aves
- El conductor de un vehículo persigue al de un autobús hasta la estación de Cangas y le rompe una puerta y el limpiaparabrisas
- La isla de Ons pierde parte de su luz: adiós a Áurea Reiriz Otero, farera, percebeira, cantadora y pandeireteira
- El IES que se quedó sin cafetería: «Sin poder vender bollería o refrescos, las cuentas no salen»
- Las zonas de bajas emisiones ya son una realidad en Vigo: así funciona la primera fase y vehículos afectados
- Fallece en Vigo Antón Pulido, referente del arte gallego, a los 81 años de edad
- Un coche impacta contra un céntrico supermercado de Vigo y hiere a una empleada