Opinión | VOYAGER

Escritora
Ocupación ilegal
Pareceume case poético que o axitador ultra Vito Quiles e o líder de Se Acabó la Fiesta, Alvise Pérez, fosen increpados en Ceuta pola cidadanía, no contexto da visita que fixeron en plena crise migratoria. Quiles, que anunciou na rede social X que convocaba unha manifestación para «pedir a expulsión dos invasores e Pedro Sánchez de España», penduraba un vídeo afirmando con contundencia: «No me voy a ir de Ceuta hasta que todos los españoles recuperen la seguridad y tranquilidad que les han arrebatado Pedro Sánchez y el rey de Marruecos». Pregunteime con estupor cal é a suprafacultade de Quiles para devolverlles a todos os españois esa seguridade e a tranquilidade ás que apela, e tamén se considera que xa cumpriu semellante misión e se está satisfeito co resultado. A presión que se mete Quiles a si mesmo é grande, mais el móvese con gusto nas augas da tensión social. O pasado verán, logo de impulsar en Torre Pacheco unha manifestación antiinmigración xunto ao líder de Desokupa Daniel Esteve (manifestación, por certo, ilegal), foron expulsados e escoltados polas forzas de seguridade.
O feito de que dúas persoas que se alimentan e sacan tallada económica de potenciar noticias falsas e mentiras sobre a ocupación sexan expulsados resultaría simpático, de non ser porque, de tanto repetir barbaridades, ao final, algo queda. E ese pouso actúa coma un veleno silencioso.
Nos últimos días, dúas persoas diferentes puxeron sobre a mesa no medio dunha conversa de sobremesa a cuestión de que, se alguén ocupa túa casa e cambia a fechadura, a policía non pode actuar e perdes a túa vivenda. Isto deriva na crenza de que se marchas de vacacións, talvez ao teu regreso a túa vivenda teña inquilinos ilegais.
Repetindo estas falsas hipóteses, foise cultivando a idea de que existe un suposto sector antisocial organizado que constitúe un perigo real e que os casos de ocupación ilegal son masivos. Sector antisocial que seica logrou gañar dereitos fronte aos propietarios das vivendas, atentando contra a propiedade privada co beneplácito do goberno, tanto pola lentitude da xustiza como pola falta de contundencia da lexislación. Sobre esta base operan os axitadores que, por certo, montan negocios arredor desta falacia.
Ante esa falsa hipótese que se estableceu de que alguén pode ocupar facilmente unha vivenda e que é realmente difícil expulsar un ocupa, a realidade é que a lei protexe ao propietario de xeito contundente. A permanencia sen autorización nunha vivenda habitual constitúe unha violación de domicilio, independentemente do tempo transcorrido, e é un delito grave, tipificado no Código Penal e que implica penas de prisión.
Amparada pola lei, a policía intervén e procede ao desaloxo inmediato. As cifras son clarificadoras: as denuncias por ocupación ilegal en España representan o 0,05% do total das presentadas, conforme o Portal Estatístico de Criminalidade do Ministerio de interior. Malia que tanto a vivenda habitual coma a segunda residencia están protexidas pola lei, a acción xudicial e policial adoita ser máis rápida cando a ocupada é a vivenda habitual ca no caso de segundas residencias.
Se a ocupación ten lugar nunha vivenda baleira, estamos nun suposto de usurpación. O desaloxo pode executarse tras o requirimento do propietario, mais require o tempo que implica o proceso de acreditación da propiedade do inmoble e de investigación dos feitos.
Hai unha realidade obxectiva: os salarios non medran na mesma medida que o fan os prezos da vivenda. O esforzo económico provocado polo coste mensual de acceso á vivenda deixa a moitas familias en situacións de vulnerabilidade. Alugar, mercar ou construír é cada vez máis e máis difícil e ese gasto supón que a renda mensual dispoñible sexa insuficiente. A inversión especulativa no mercado inmobiliario (moitas veces de inversores estranxeiros) é unha das grandes causantes da crise do acceso á vivenda. Se a unimos á proliferación do modelo estacional imposto polo sector turístico, o rendismo voraz e a insuficiencia de vivenda social, o problema adquire proporcións dramáticas.
Non existen hordas de xente ocupando casas ilegalmente (lembren a cifra do 0,05%), o que existe é unha grave crise de acceso á vivenda. Cantas persoas coñecen con vivendas ocupadas ilegalmente que quedaran sen a súa propiedade? Pensen niso mentres formulo a seguinte cuestión: Cantas persoas coñecen con dificultades para atopar unha vivenda, xa sexa en réxime de alugueiro ou compra, cun prezo accesible? Contrastando as dúas respostas e reflexionando sobre elas pode trazarse a realidade da situación da vivenda e das noticias falsas. Mentres, sigan gozando deste mes de agosto e vaian de vacacións con tranquilidade porque aventuro que, cando regresen, as súas casas seguirán aí, agardando por vostedes.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un perro muerde a una vecina de Navia cuando protegía a su perra del ataque: Eira huyó pero apareció tras tres días perdida
- La Guardia Civil investiga vertidos durante unos trabajos de reparación de un barco de pasaje en Bueu
- La Guardia Civil logra frenar una estafa de 46.300 euros con criptomonedas a un pontevedrés
- Comprar en el centro de Vigo es tres veces más caro que en la periferia: así están los precios del metro cuadrado por barrios
- Evacúan de madrugada a un vigués de un velero fondeado en Arneles en la ría de Aldán
- Sin consenso en Vigo por Peinador: Abel Caballero insiste en que «solo hay un modelo» y Luisa Sánchez lo acusa de «despreciar» fondos de Diputación y Xunta
- El mosquito tigre se extiende en el área de Vigo: cómo evitar y paliar su persistente picadura
- Un niño alerta al 112 de un incendio en su casa en Vigo mientras su madre intenta apagarlo