Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Opinión

Santiago

Necesidades diferenciais

El ministro de Hacienda, Arcadi España, preside el último Consejo de Política Fiscal y Financiera.

El ministro de Hacienda, Arcadi España, preside el último Consejo de Política Fiscal y Financiera. / FDV

O Conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, ten toda a razón cando argumenta que, se queremos defender a equidade no acceso aos servizos públicos, temos que poñer por diante as necesidades dos territorios cando discutimos sobre financiamento autonómico. No caso de Galicia, isto significa falar de espallamento e envellecemento da poboación. Os dous factores premen significativamente sobre o gasto en ensino, sanidade e dependencia. Por iso, os galegos non podemos aceptar solucións que lle dean menos peso relativo a isto e máis a capacidade tributaria das comunidades autónomas.

               O Ministro de Facenda ten tamén razón cando reivindica a negociación e o diálogo. Todo o mundo ten as súas razóns e a busca de equilibrios é inevitable. O problema para o ministro é que herdou unha proposta de reforma con cifras moi precisas e públicas. Nunca antes se fixera así, porque a marxe de negociación remata sendo moi menor, practicamente nulo. Por exemplo, se Galicia recibise outros 500 millóns e todos os demais quedaran igual, o novo modelo podería ser admisible para nós. Porén: Quen nolos vai ceder? Aceptarían as outras 14 autonomías que só Galicia duplicase os fondos adicionais recibidos?

               Ese concepto de necesidades diferenciais é útil para pensar en políticas públicas e funciona a outras escalas. Un bo exemplo nolo dan a historia das tres universidades. Cinco séculos de historia levan de seu un patrimonio arquitectónico senlleiro, que require un coidado e un tratamento diferenciado. Non falamos xa de reparacións e mantemento ordinarias nun edifico de 20 ou 30 anos de antigüidade. Falamos de espazos imbricados nunha cidade histórica e xeradora de fluxos turísticos e recadacións tributarias para as arcas autonómica e estatal; como se sabe, pouco queda nas locais. Por iso, tería todo o sentido que USC e Xunta arrastrasen a administración central a aumentar moi sensiblemente o orzamento anual do Consorcio, que financian as dúas últimas e, en menor medida, o concello de Santiago de Compostela, para incluír unha liña específica para obras e conservación nos edificios anteriores ao século XX. A partir dunha valoración global de necesidades, podería dotarse un fondo a gastar en cinco anos que permitise poñer a cero as necesidades estruturais de conservación e rehabilitación; para, de aí en diante, que a liña tivese unha dotación más modesta e acaída ás novas necesidades que vaian xurdindo.

               Para resolver necesidades diferenciais, toca pensar en ferramentas diferenciais. Temos unha ferramenta, o Consorcio, con experiencia. O único que precisamos é que unha parte dos recursos tributarios que xeran eses mesmos edificios, como parte dun entorno turístico, atendan a esas necesidades extraordinarias e non divirtan os recursos propios para as funcións centrais da universidade: crear coñecemento, ensinalo e transferilo.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents