Opinión | VOYAGER

Escritora
Boquete e Iglesias fan historia
No ano 2015 Electronic Arts anunciaba que EA SPORTS FIFA 16 contaría, por primeira vez na historia da franquicia, con 12 Seleccións Femininas: España, Australia, Brasil, Canadá, China, Reino Unido, Francia, Alemania, Italia, México, Suecia e Estados Unidos.
Detrás deste fito estivo a futbolista galega Verónica Boquete, facendo realidade unha petición promovida a través da web change.org, interpelando á compañía de videoxogos para que non excluíse ás xogadoras femininas. Naquel momento, a saga FIFA levaba máis de vinte anos sendo o videoxogo de fútbol máis vendido do mundo, pero non permitía xogar nin con seleccións femininas, nin con futbolistas mulleres.
A campaña de Verónica Boquete converteuse nun caso emblemático de activismo no ámbito desportivo. Conseguiu un cambio real na industria do videoxogo, acadando vinte mil sinaturas de apoio nas 24 primeiras horas da campaña.
Verónica Boquete semella ter o sino de romper barreiras e abrir camiños que ata ese momento eran intransitables para nós. Liderou toda unha xeración que non contaba cos recursos nin co apoio necesario. Boquete lucíu en 2015 o brazalete na primeira participación da selección española absoluta nun mundial feminino, un paso decisivo para o crecemento posterior no país. A xogadora acabou sendo nomeada embaixadora da UEFA para inspirar e formar as futuras estrelas europeas do fútbol feminino.
Estas pasadas semanas, Vero Boquete volveu facer historia ao se converter na primeira muller en retransmitir un partido dun Mundial masculino para RTVE. A futbolista empezou comentando retransmisións de fútbol feminino ata lograr comentar partidos nun gran torneo masculino para RTVE como foi a Eurocopa de 2024, cun papel fundamental, polo rigor técnico das súas análises, como pola naturalidade coa que está ocupando un espazo tradicionalmente reservado a homes.
Mais xunto ao de Vero Boquete, Galicia ten outro nome no Mundial: Borja Iglesias. O xogador compostelán regresou á convocatoria despois da decisión que tomara en agosto de 2023, cando renunciou voluntariamente á selección en solidariedade con Jenni Hermoso, tras o polémico caso Rubiales. Naquel momento anunciou con contundencia que non volvería vestir a camiseta de España «ata que as cousas cambiasen e este tipo de actos non queden impunes». A súa postura custoulle daquela duras críticas, insultos e campañas de odio nas redes sociais.
Borja Iglesias, que fixo un chamamento a un fútbol máis xusto, humano e decente, converteuse un referente na defensa da liberdade persoal e da diversidade. Nun deporte onde o máis sinxelo semella evitar calquera posicionamento público, el aposta polo compromiso social, o que deriva nun custo persoal e profesional por expresar as súas opinións, xa sexa denunciando a homofobia, apoiando os dereitos LGTBIQ+ ou criticando aspectos do propio negocio do fútbol, coma a súa conversión nun deporte para a elite. Antes da final do Mundial de 2026, o xogador publicou unha captura cos prezos da revenda, acompañada das palabras: «Una vergüenza».
O xogador racha cos estereotipos tradicionais da masculinidade asociados a este deporte, o que converte en destinatario habitual de toda clase de insultos homófobos. A primeiros deste mesmo ano, o xogador do Celta sufriu o odio da bancada do Sánchez Pizjuan que, entre un amplo catálogo de barbaridades, dedicoulle un «¡A ver si te mueres, maricón de mierda!» A resposta de Iglesias foi unha mensaxe retranqueira que publicou en redes, desatando tanto os aplausos, coma a furia de todo o país: «Qué raro, si esto en el fútbol no pasa nunca».
Foi emocionante a reacción do celtismo, con miles de afeccionados acudindo a Balaídos coas uñas pintadas en sinal de apoio. Tamén o fixeron os seus compañeiros de equipo antes de desputar o encontro, nunha imaxe que deu a volta a España e converteu a Borja nun símbolo da loita contra a homofobia no fútbol.
Velaquí dous galegos demostrando que existen outras maneiras de vivir o fútbol, sexa rompendo teitos de cristal que semellaban inamovibles, sexa defendendo principios e liberdades con honestidade e valentía.
Suscríbete para seguir leyendo
- Tres apagones tras una avería eléctrica dejan sin luz a miles de vecinos y negocios en el centro de Vigo
- Los camiones del Combo Dominicano se atascaron en Trives pero la orquesta tiró de entrega y talento para mantener la gira: «Nos hicisteis disfrutar igual que siempre»
- El eclipse desde los cielos gallegos: un avión privado desde Suiza a Peinador, dos A400M militares franceses y decenas de avionetas en el interior
- «Ha sido una de las mejores experiencias de mi vida»: Óscar Pereiro conquista el Camino con su hija Catalina
- Roca Rey y José Tomás, dos figuras para dos «No hay billetes»
- El Concello de Cangas achaca la contaminación en la playa de Menduíña a la acumulación de grasa en el bombeo y revisa las arquetas en busca de algún vertido ilegal
- Muere un motorista de 47 años en Vigo al sufrir una salida de vía en una rotonda próxima a Peinador
- Muere el músico y diseñador gallego Víctor Coyote a los 68 años de edad en un accidente de bicicleta