Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Opinión

Santiago

Conectividade

Panel en la intermodal de Urzaiz (Vigo) con los horarios de los trenes.

Panel en la intermodal de Urzaiz (Vigo) con los horarios de los trenes. / Alba Villar

Dúas características do noso país fan que a conectividade en Galicia sexa particularmente importante. A primeira é que estamos nun dos finisterres europeos. A segunda é que temos una estrutura urbana policéntrica. A diferenza da meirande parte das rexións españolas, nós non temos unha grande capital económica e demográfica. O noso son as cidades pequenas e medianas.

 Así as cousas, actuar como país pasa por pensar nunha rede de cidades ben conectadas por tren en tempos, frecuencias e horarios; estacións intermodais que acheguen á xente das vilas e pobos a eses nodos. Comparativamete, a rede de estradas e autoestradas está moito máis avanzada e queda menos por facer. Tamén supón pensar na conectividade co resto do Mundo. Aí aínda temos máis cousas pendentes.

Comezando co tren, a diferenza no ancho de vía ou os tramos de vía única son chapuzas contra as que temos que poñer pé en parede; os novos Avril non están a altura; as mercadorías e as conexións a portos e plataformas loxísticas importan moito; a conexión con Portugal abre oportunidades que non temos no noroeste penínsular español. 

 E cando falamos de aeroportos, é evidente que un país que non chega aos tres millóns de habitantes non pode aspirar a ter máis que un de certo nivel. Os aeroportos non son como os hospitais ou as universidades. A escala óptima é moitísimo maior. Miremos cara Sá carneiro. A solución boa era apostar polo aeroporto central de Galicia e levar alí ao seu interior a rede ferroviaria para garantir conexións directas e rápidas co resto de Galicia. Como en Suiza, ou en Dinamarca.  Porén, a realidade que padecemos hoxe non semella ter solución a medio prazo... igual cara 2050 si. Namentres, o que toca é pensar nos tres aeroportos como tres terminais e coordinalas como tal. Algo semellante ao que temos que facer cos portos. Somos pequenos de máis como para poñernos a competir entre nós.            

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents