Opinión
Narciso Pazos
Repensar o autobús urbano

Autobús de Vitrasa na sede de Camposancos. / Marta G. Brea
Un dos principios fundamentais do Ministerio de Transportes y Movilidad Sostenible foi considerar o desprazamento como un dereito cidadá básico e un elemento de cohesión social indispensable para o crecemento económico.
Para levar a cabo este dereito, o transporte público é unha ferramenta esencial que reduce a dependencia do coche particular. Entre os medios de transporte público está o autobús urbano, pilar fundamental para garantir a equidade social e reducir a contaminación e mellorar a calidade de vida da cidadanía; conecta ás persoas cos seus empregos, a educación, a saúde; optimiza o tempo diario, impulsa a economía local e reduce drasticamente a conxestión. Así, a avaliación do transporte urbano é considerada un medio indispensable para a calidade de vida urbana.
O concello de Vigo está a traballar nunha nova concesión de transporte urbano na cidade e os números que manexa están nuns 468 millóns de euros para nove anos e un ano máis de prórroga. Á cantidade económica e o tempo de cesión hai que sumarlle que estamos nun momento transicións, como a enerxética, a dixital ou a ecolóxica, que temos que ter en conta. Todos estes elementos citados preséntannos unha oportunidade onde deberiamos gañar tanto a cidadanía como os traballadores e traballadoras desta empresa de transporte público.
Dispoñer dunha infraestrutura para todos e todas é crucial para promover a integración e a igualdade de oportunidades, e para levalo a cabo necesítanse máis frecuencias, novos horarios, redeseño de liñas, máis autobuses, máis persoal; e, evidentemente, que non se acepte unha oferta inferior ao presuposto base de licitación.
Cómpre, así mesmo, un plan de acción que diferenciase liñas normais de servizos especiais onde habería que incluír ao aeroporto, á estación de autobuses, á estación de trens e ao hospital Álvaro Cunqueiro. Este último, ademais, necesita un acceso especial para facilitar a chegada en hora, tanto aos traballadores e traballadoras como aos pacientes. O exemplo xa existiu cos carrís de bus de Gran Vía, ou García Barbón, xa desaparecidos, ou o actual na rúa Pizarro.
A mellora do servizo non só ten que darse no casco urbano, senón tamén no extrarradio, onde desde xa antes da pandemia o servizo foise mermando, e tras esta empeorou aínda máis a súa calidade. A nova concesionaria ten que tomarse en serio esta situación e darlle un servizo mellor ás persoas do periurbano, para as que desfrutar da mobilidade é máis difícil.
O proxecto leva incluído que o 90% dos autobuses serán eléctricos, acorde á sostenibilidade ambiental, eliminando ruído e contaminación atmosférica na cidade, pero tamén teñen que estar deseñados para atender a diversidade de realidades persoais, eliminando barreiras que limiten ou entorpezan este dereito tanto dentro do vehículo como nas paradas. Neste senso, o autobús urbano é un bo exemplo de inclusión das diferenzas.
A dixitalización tamén é un proceso importantísimo na transformación da mobilidade, porque condúcenos a un sistema máis conectado, eficiente, seguro e sostible; con rutas intelixentes que combinen o servizo de autobús urbano con acceso a trens, autobuses interurbanos, barcos; posicionando a intermodalidade de transporte público como a alternativa real e competitiva fronte ao coche privado. Cando os diferentes servizos están organizados, un transbordo deixa de ser unha molestia para converterse nun paso fluído dentro do noso traxecto. As conexión eficiente entre fogar, traballo e centros de ocio son fundamentais para aforrar recursos e gañar tempo.
Unido ao anterior, é importante a implementación do billete único para utilizar nestes transportes, polo que se necesita un traballo conxunto das distintas administracións implicadas en beneficio da cidadanía e do turismo, que maioritariamente desfruta coa continua mobilidade e é beneficioso facilitarlle o acceso. Ademais, o ticket ten que ser económico.
Pero tristemente os datos que temos van en sentido contrario, din que se vai voltar subir o prezo no transporte da cidade. A forma de pago é outro elemento que necesita actualizarse porque neste momento só se pode pagar o servizo en efectivo ou por medio do pass-vigo, e xa toca ampliar as opción a tarxeta, bonos, pago con móbil, etc., para facilitar este trámite ás persoas usuarias.
Este plan de actuación ten unha espiña dorsal que a conforman os traballadores e traballadoras que o fan posible; polo que é necesario, ademais de aumentar o persoal empregado —como xa se apuntou— a mellora das condición laborais. O próximo ano corresponde negociar un novo convenio colectivo e espérase que a nova empresa teña unha actitude de empatía e sexa dialogante porque non se pode ofrecer un bo servizo á cidadanía en condicións precarias.
En conclusión, ao mellorar o transporte urbano logramos que os desprazamentos sexan rápidos, respectuosos co entorno e, sobre todo, inclusivos; gañamos máis zonas peonís, verdes e espazos de convivencia transformando tamén a calidade de vida nos nosos barrios.
Repensar o autobús urbano cara un transporte que coida da xente e do planeta nunha cidade de futuro para todas e todos.
Narciso Pazos é membro da Comisión Intermodal do Instituto de Estudios Vigueses
Suscríbete para seguir leyendo
- Los padres de la alumna con sumas erróneas en la nota de la PAU tras las revisiones denuncian «indefensión»: la corrección de la CiUG llega tras cerrar el primer llamamiento en varias comunidades
- Valença estudia trasladar la estación del AVE Vigo-Oporto a las afueras de la villa fronteriza
- Condenan a un vecino de Vigo a abandonar la vivienda por las continuas molestias al resto de la comunidad
- Inversores compran tres edificios en el centro de Vigo para dedicarlos a pisos turísticos
- Concierto de Juan Luis Guerra en Sanxenxo: el artista salda su deuda con Galicia en una fiesta de ritmos latinos ante 15.000 seguidores
- Juan 'Pegatinas': O San Benito máis triste de todos
- Luto en Lalín por la muerte del expresidente del Motoclub Kilómetro 0, Juan Carlos Blanco
- Tres accidentes casi simultáneos dejan dos heridos, uno de ellos grave, en el sur de la provincia de Pontevedra