Opinión | Segunda Feira
Vilanova dos Infantes

brevebrétema
Vilanova dos Infantes adoita a ser citada nos medios de comunicación cando, polas Letras Galegas, se celebra, no seu perímetro murallado, a romaría laica que recibe o nome de Raigame. Nela revívese, con participación de xentes de toda Galicia, un acto de exaltación da nosa cultura popular. Este último Raigame creou un premio á memoria de don Adolfo Enríquez, o párroco de Vilanova que hai anos foi asasinado posibelmente por non lle entregar aos delincuentes a imaxe da Virxe do Cristal.
Recentemente parece ser que houbo disputas amistosas sobre a orixe e antigüidade do nome de Vilanova dos Infantes e pídeseme opinión ao respecto.
Documentación do século X
Por documentación do século X sabemos que os pais de San Rosendo, Gutier Méndez e Ilduara Eriz, doaron terras ao seu fillo para fundar nelas un cenobio. Tan importante documento está asinado en Villa Nova, chamada actualmente Vilanova dos Infantes. Segundo investigacións feitas por Ramón Lorenzo sobre documentos de San Munio de Veiga datados en 1358 e 1369, o nome de Vilanova aparece como o Castro de Vilanova das Infantes ou Castro e Couto de Vilanova das infantes.
Moito despois de Vilanova separarse do poder feudal de Monterrei e cando o reino de Galicia se converte en catro provincias, cada unha coa súa Diputación no século XIX, a castelanización dos topónimos faise masiva e atinxe tamén ao caso que estamos tratando. Vilanova será de aquí para adiante «Villanueva de los Infantes». Xa no século XX, a ditadura de Primo de Rivera decretou en 1927 a anexión do concello de Vilanova ao de Celanova o que ocasionou unha tolerancia que restituíu o topónimo en Vilanova dos Infantes , na forma que continúa a ser na actualidade e que figura no nomenclátor oficial de Galicia.
A etimoloxía de «infantes»
A etimoloxía e significado histórico de «infantes» merece, pola nosa parte, algunha atención. Procede do latín «infans-ntis» que foi evolucionando, en canto ao significado, do seguinte modo: de «neno ou nena que aínda non fala» a «mozo ou moza da aristocracia feudal» até «fillo ou filla do rei e sucesor do trono». Esta derradeira acepción de «infante» foi considerada por Rafael Lapesa e outros autores como un arabismo semántico procedente da palabra «walad».
En canto á nosa Vilanova, o seu nome pasaría polas fases seguintes: Villa Nova, Vilanova das Infantes, Villanueva de los Infantes e Vilanova dos Infantes. Espero que os meus amigos visitantes de Raigame teñan a ben considerar algo do que deixo escrito.
- Los padres de la alumna con sumas erróneas en la nota de la PAU tras las revisiones denuncian «indefensión»: la corrección de la CiUG llega tras cerrar el primer llamamiento en varias comunidades
- Luto en Lalín por la muerte del expresidente del Motoclub Kilómetro 0, Juan Carlos Blanco
- El doble crimen de la calle Oporto de Vigo cumple 20 años con el asesino en semilibertad
- «Nunca he pensado que hay alguien a quien no puedo ganar»
- Condenan a un vecino de Vigo a abandonar la vivienda por las continuas molestias al resto de vecinos
- Valença estudia trasladar la estación del AVE Vigo-Oporto a las afueras de la villa fronteriza
- La policía vincula el «clan de los Charlines» con el «clan de los Balcanes» tras detener a 18 personas e intervenir 103 kilos de coca
- Así eran nuestras playas antes de su urbanización y el desembarco de turistas
