Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Opinión

Santiago

Unha Galicia en cor

Una de las recientes presentaciones de MG en el salón del automóvil de Pekín.

Una de las recientes presentaciones de MG en el salón del automóvil de Pekín. / FDV

Máis aló das cifras, están as sensacións. As propias e as das persoas coas que un fala. No meu catálogo sobre Galicia nos últimos tempos, salienta o positivo. Hai cousas que se están facendo moi ben. Vou referirme a cinco.

A primeira é o excelente desempeño de moitas empresas galegas en múltiples sectores, que están sendo quen de competir, innovar e gañar posicións en mercados esixentes. O libro de Antón Baamonde e Daniel Hermosilla, «Galicia, distrito industrial»  ofrece a mellor radiografía deste proceso.

A segunda é o salto cualitativo no sistema de I+D, impulsado polas boas políticas de apoio á investigación, captación de talento e atracción de recursos da Xunta, mais tamén do traballo que se está a facer os propios grupos e centros de investigación do sistema universitario galego.

A terceira é a elección de Ferrol e As Pontes como destino para a instalación da chinesa SAIC que coñecimos esta semana.Pode ser a operación de investimento estranxeiro en Galicia máis relevante no que levamos de século, unha decisión que proxecta confianza sobre territorios necesitados de novas oportunidades industriais e que pode levarnos a ser a comunidade autónoma líder indiscutible na automoción.

A cuarta é Recursos de Galicia, unha sociedade pioneira en España para aproveitar de forma endóxena os nosos recursos naturais e que ten no parque eólico de Mondigo o seu primeiro éxito. A quinta: Galicia é hoxe a única comunidade autónoma que desenvolve un diálogo social que está a abordar o problema do absentismo socialmente non desexado a carón doutros asuntos tamén relevantes.

Porén, o positivo non debera levarnos á autocompracencia. Temos marxe de mellora en moitos eidos. Voume referir só a dous. Primeiro, a ordenación do territorio. A ameaza dos lumes rurais, agravada polo cambio climático e o abandono de terras, require planificación e decisións valentes; e esa planificación tamén ten que ter en conta a presión sobre o territorio que se pode producir se Galicia gaña atractivo relativo pola alza das temperaturas nos próximos anos en España.

Segundo, o avellentamento poboacional. No ano 2000, a idade media dos galegos era de 42 anos. Hoxe supera os 48. Temos que reequilibrar o peso das cohortes de idade de xeito urxente.

O que estamos facendo ben debera servirnos de inspiración para mudar o que é mellorable.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents