Opinión
Edgar Morin
Ocupeime da intensa obra de Edgar Morin (1921-2026) que faleceu o pasado día 30 de maio aos 104 anos. Un grandísimo intelectual, sociólogo, filósofo e investigador, en dous artigos publicados en FARO DE VIGO: ‘Xeralistas e especialistas’ (04-04-2022), e ‘Leccións dun século de vida’ (23-07-2025).
No primeiro dos artigos daba conta do diálogo que Morin mantivo con Boris Cirulnik (1937...), no cal reflexionan do papel dos especialistas no seu confort intelectual, acumulando constantemente informacións sobre unha mesma materia de cara a «sabelo todo sobre a nada». Por iso deciden ser xeralistas, é dicir, meter o nariz un pouco cada vez na bioloxía, medicina legal, psicoloxía ou psicanálises. Rematase, entón, por non ser especialista en nada, pero ter a mellor opinión sobre a persoa coa que nos atopamos que se chama o ser humano. Dúas actitudes, dúas políticas do saber totalmente diferentes. É a unidade —comentan—, dentro da diversidade, o que consegue a forza, de cara a remontar a angustia da nosa condición humana, polo carácter interdependente entre a cultura e a bioloxía, trasladándonos ao mellor recoñecemento do outro.
No segundo artigo, reflíctense as experiencias políticas de Morin: «Os novos perigos —coméntanos—: comprendendo a insuficiencia dos nosos coñecementos partillados para abordar os grandes problemas, animado por un rexeitamento crítico dos aspectos unilaterais e reducionistas das formas de pensar, constatando a vacuidade do pensamento político en xeral e do socialismo en particular, admitindo que era necesario non só revisar a Marx, non só repensar o home, a vida e o mundo coa axuda de novos coñecementos, senón tamén repensar o pensamento e refundir un pensamento político, emprendín a enorme viaxe a través das ciencias para descubrir os principios do coñecemento e o pensamento complexo». Morin sostén que, para ben ou para mal, un só individuo pode cambiar o curso da historia mundial... o improbable pode suceder.
Identificado coa esquerda e membro do PC, que abandonaría, foi un gran observador e relator do acontecido nos séculos XX e XXI, proporcionándonos unha análise crítica ao tempo que esclarecedora dun mundo convulso e cunha deriva altamente preocupante.
Morin estivo moi ligado a España e América Latina, viviu a Guerra Civil española, como testemuña da caída de Barcelona (1939), que o marcaría para sempre. Admiraba a Antonio Machado, e receitaba a miúdo o seu verso: «Caminante no hay camino se hace camino al andar».
Resistente antifascista ao longo da II Guerra Mundial, publicou mais de 100 libros ata o final da súa vida. Aos 101 anos publicou: De guerra en guerra. Da guerra de 1940 a Ucraína (2023). Pese a súa condición xudía, foi moi crítico con Israel: «Outra lección a sacar desta historia é que non é suficiente ter sido perseguido para non converterse en perseguidor». La Méthode, é a súa obra filosófica principal publicada en seis volumes, entre 1977 e 2004. Outros libros recomendados: L’Homme et la Mort (1948) ou L’esprit du temps (1962), un clásico sobre o análise da cultura de masas, lectura obrigada nas facultades de periodismo.
Morín, conta con múltiples condecoracións, entre elas a de Gran Oficial e Gran Cruz da Lexión de Honor de Francia; honores, como o de presidente da Axencia Cultural Europea da Unesco e membro da Academia da Latinidade de Rio de Xaneiro; mais de 14 premios, entre eles a Medalla da Cidade de París e doutor honoris causa da Arxentina, Bolivia, Chile, México, Perú, Dinamarca, España, Grecia, Polonia ou Italia. Preguntado pola IA responde: «A IA pode dar medo, pero témolle, sobre todo, a intelixencia humana superficial».
Suscríbete para seguir leyendo
- La gallega Tatiana Badiola de 33 años, entre las primeras beneficiadas por las ayudas de la ley ELA: «Ahora empieza otro desafío; convertir ese derecho en cuidados reales»
- El perro más bello del mundo es de Vigo y se llama Hugo Boss: «Lo mejor que tiene es la expresión de la cara, es precioso»
- La Xunta acelera, con varios camiones, la mudanza de la Casa do Mar al nuevo centro de salud de Moaña que abre sus puertas el lunes
- Aduanas incorporará a su base de Vigo una patrullera de casi 40 metros incautada el pasado verano en el Estrecho
- El Concello de Vigo veta la celebración de conciertos en la terraza de A Laxe por ser «bien patrimonial» de Zona Franca
- Ya son trece las playas de la provincia de Pontevedra a las que podrás acudir este finde para refrescarte con tu perro
- Cangas se opone a los dos campamentos de turismo en O Hío, respalda las alegaciones vecinales y tiene constancia de un tercer proyecto
- Muere un motorista en Redondela
