Opinión
A USC, epicentro do debate

BIlletes en imagen de archivo. / Europa Press
A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela (USC) converteuse nesta semana no epicentro dun debate decisivo en España, o da reforma do financiamento autonómico. As XIV Xornadas RIFDE reuniron a expertos académicos, responsables políticos, e representantes das principais institucións para avaliar a proposta que o Goberno presentou a primeiros de ano. Como nas trece edicións anteriores, a principal virtude do encontro foi crear un espazo sereno para discutir un problema complexo. Que a USC lidere ese esforzo ten moito valor para Galicia.
A mensaxe compartida foi clara. Esa proposta pode servir como punto de partida. Porén, precisa axustes moi relevantes se quere acadar un apoio tan amplo como as tres anteriores. O máis difícil é o que ten que ver co vector da nivelación interterritorial, a peza que determina como se reparten os recursos entre comunidades con capacidades fiscais e necesidades diferentes. Aínda que a técnica axuda a medir, simular e comparar; a decisión final é intrinsecamente política, ten que reflectir as preferencias colectivas de todos os españois, e debe explicarse con transparencia.
As xornadas trataron tamén a cuestión da autonomía financeira. Un Estado descentralizado require comunidades con marxe para decidir ingresos e gastos, mais tamén corresponsabilidade fiscal, coordinación institucional e estabilidade orzamentaria. Gobernar implica capacidade de elección e obriga de render contas.
As simulacións presentadas achegaron luz sobre os efectos territoriais das distintas alternativas. Nun debate tan proclive ao agravio, os números son necesarios para separar percepcións de efectos reais.
Galicia ten razóns para seguir este proceso con atención especial: avellentamento poboacional e custo de prestación dos servizos por mor do espallamento non poden perder peso no novo modelo. Sen dúbida, a defensa dos intereses galegos será máis eficaz canto máis se apoie en datos e argumentos rigorosos e convincentes.
Suscríbete para seguir leyendo
- Las playas de Vigo empiezan a vaciarse
- Diez carreras gallegas exigen más de un 12 para entrar en la universidad
- Una enfermera vuelca en Vilagarcía tras quedarse dormida al volante
- La Diputación puede verse obligada a devolver la Pousada da Lanzada y su centro vacacional
- Un banco pagará 6.000 euros en costas por no devolver 104 euros a una clienta de Vigo
- Un abogado irá a juicio en Vigo acusado de masturbarse ante una clienta por videoconferencia
- El Ministerio de Cultura reabre la investigación sobre la «casa barroca» de Combarro tras un vuelco documental
- Un vigués logra que la Justicia le reconozca ser dueño de una finca tras 30 años de conflicto con los comuneros de Cabral
