Opinión | DE BOLINA

Asesor literario de Faro da Cultura
España en krissis
«Si, claro. E como non ía estar, coa que está a caer! Por se fora pouco o da Kitchen e mais o de Koldo, Ábalos e compañía, agora temos esoutra liada de ZP e familia! Onde iremos parar?»
Sen dúbida, han de resultar uns cantos/dabondo aqueles/as de entre os, sempre moi amables lectores destas crónicas semanais, que así se manifesten á vista do epígrafe que preside as presentes liñas. E, vaia, nin que dicir ten que levan a súa razón. Mais así e todo, non vén ser ese o caso que nos ocupa. Fáganme o favor, daquela: volvan reparar un anaco no rótulo.
«España en crise»: velaí o titular que lle cabería, en efecto, ao noso texto se o obxectivo do mesmo estivese en procurar, indagar..., reflexionar arredor das temáticas citadas. No entanto, antes que «crise», o que anotamos máis arriba é «krissis». Tal que así: con «k» e dous «ss», todo consignado en lexítimo bravú-punki de seu. Desde logo, imos aló de contado coa aclaración pertinente.
Expresaban —non sei se aínda o fan– os franceses, seguindo a Metternich, aquilo de «quand Paris éternue, l’Europe prend froid». O cal, traducido en clave balompédica, quere dicir que «cando o Madrid espirra...» Pois ben: como rotularmos se por vez primeira na historia —en 1950, con Franco, Franco, Franco á fronte, tan só foi escollido un «merengue»—, a selección española de fútbol vai acudir a un Mundial sen contar na convocatoria con ningún madridista? A que máis agarda Pedro Sánchez? Se isto non é unha krissis, que baixe Felipe González e ditamine.
«Desculpe, pero..., a min, a cousa do fútbol non me interesa para nada. Por non coñecer, nin coñezo como vai a competición, nin que equipos participan nela....» Ben entendo —algúns deles/as cóntanse entre os amigos de meu—, que non faltan quen dese xeito se manifesten. Ok, meus/miñas. Mais, secasí, permítanme con todo que matice. Verán: se algo conforma o fútbol, iso é unha relixión. O que é máis: tal e como soubo precisar con singular acerto Eduardo Galeano, trátase, ademais, da única (relixión) que non conta con ateos. Outra volta, explícome de contado.
Acontece, especialmente no caso de varóns —e máis se contan con certa idade—, que viñemos ao mundo, si ou tamén, no medio e medio da fe balompédica. En consecuencia, aqueles que se declaran indiferentes aos fóras de xogo, penaltis, caneos, lambrettas... o que resultan ser en verdade, e mal que lles pese, tal é constituírense como convictos apóstatas. Agora ben; xustamente para devir niso mesmo, antes da defección —e por lene, fráxil que se axeitase aquela— si que tiveron de profesar algunha crenza ao respecto. Entón, eis —e, de forma especial dentro do sector da hostelería— a circunstancia dos que se declaran como «de ningún equipo concreto», o que equivale a resultaren na práctica auténticos «merengues» encubertos. Da súa banda, están asemade esoutros (supostamente) axentes anti-fútbol —relativamente frecuentes nos ámbitos «culturetas»— que, logo de sometidos a un hábil interrogatorio ad hoc, acaban por confesar o seu conspicuo antimadridismo e, desde aí, a posibilidade de seren captados polos axentes (moi pouco secretos) do F.C. Barcelona. En fin, parafraseando a Luigi Pirandello —por certo: non sei se terán noticia Vdes. do seu paso pola A.S. Roma en calidade de presidente de honra da «squadra giallorrossa», «Così é (se vi pare)» («Así é, se así vos parece.»).
«Quo vadis, Florentino?» Propios e alleos; fervorosos e impíos; conservadores e progresistas; madridistas ortodoxos e contestatarios insubmisos... todas as olladas deste país de países, atononomías revoltés e prazas de soberanía adxuntas tentan esculcar no rostro —de novo transformado en efixie— do (aínda) presidente do «club branco» cales se concretarán como as próximas medidas a tomar. Xa que logo, venderá ou non venderá ao moi insólito Vinicius Jr.? Chegará, nunha nova arroutada, a desprenderse mesmo de Kylian Mbappé? E o definitivo: aceptará, chegado o caso, unha derrota electoral ou, polo contrario, animará —cal D. Donald— aos seus a asaltaren o Bernábeu? Á espreita, achado na penumbra, o tigre Mourinho contén, mentres, a respiración.
Suscríbete para seguir leyendo
- Los estudiantes que hicieron el examen de Historia de España, en la que hubo problemas, pueden respirar tranquilos: los correctores serán «flexibles»
- Se abre uno de los carriles de la AP-9 en Mos donde volcó un camión cisterna con 32.000 litros de gasóleo
- Más de 270.000 inmuebles gallegos deberán adaptarse a las exigencias de eficiencia energética de la UE
- La pesca de recreo sostiene ante el Supremo que el sistema de control español es «más gravoso» que el modelo de la UE
- Un hombre de 76 años fallece de un infarto mientras paseaba por el centro de Bueu
- El coro del colegio Cluny de Vigo emociona a Abraham Mateo con su versión de 'Lánzalo': «Se me metió algo en el ojo»
- 500 paraguas en 30 m²: seis décadas de los Rodríguez en Vigo
- El comercio del metal de Pontevedra planea cuatro días seguidos de huelga