Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Opinión | Obituario

Alberto Gonçalves

Vigo

«Antolín Alcántara, un exemplo que queremos continuar»

Antolín Alcántara, nunha imaxe de arquivo

Antolín Alcántara, nunha imaxe de arquivo / FdV

Esta noite deixounos o compañeiro Antolín Alcántara. Compañeiro de longa traxectoria, tanto no sindicalismo da CIG como en organizacións políticas do nacionalismo en xeral, e que foi na súa última etapa secretario confederal de negociación colectiva da da CIG. Antolín Alcántara foi unha das figuras máis destacadas do sindicalismo nacionalista galego das últimas décadas e un referente humano, tamén un referente político e sindical para varias xeracións de militantes e traballadores e traballadoras. Sempre estivo vinculado, desde moi novo, ás loitas obreiras e o movemento nacionalista galego. Fixo da defensa da clase traballadora e da xustiza social e tamén da liberación nacional e social de Galicia, o eixo central de toda a súa vida.

Especialmente ligado ás loitas do metal e do naval da comarca de Vigo, o noso compañeiro Antolín desempeñou un papel fundamental nos grandes conflitos laborais que marcaron a historia recente do movimento obreiro galego e sempre dende a primeira liña dando a cara ao lado dos traballadores e traballadoras e defendendo con firmeza na negociación a negociación colectiva, pero tamén os dereitos laborais e a necesidade dunha resposta organizada frente a a explotación e fronte á precariedade.

E ao longo da súa traxectoria asumiu distintas responsabilidades dentro da da nosa central sindical. Antolin foi unha referencia sindical pola súa capacidade de análise, pola súa firmeza ideolóxica e pola súa enorme capacidade de traballo e polo compromiso permanente coa CIG, co nacionalismo e coa loita colectiva. E foi un exemplo que moitos e moitas queremos continuar.

*Alberto Gonçalves é o secretario comarcal da CIG en Vigo

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents