Opinión

Director do CiTIUS da USC
A extinción de persoas e máquinas (III e último)
A sociedade enmudeceu voluntariamente. Ninguén quería ser cómplice das compañías que usaban as súas palabras para seguir aumentando o seu poder e o control do mundo. Deixaron incluso de pensar, agás en todo o que perderan, en todo ao que tiveran que renunciar. En poucos anos o máis fantástico tesouro que o ser humano creara nunca, a linguaxe, comezou a ser o seu pesadelo. Paradoxalmente, nin sequera os donos das compañías podían gozar xa das súas fortunas.
Nada, absolutamente nada que valla a pena, pode ser vivido sen palabras. Os abrazos, as miradas, camiñar xuntos, arroupar un bebé que dorme ou coller a man dunha persoa enferma quedan a medio camiño se non se acompaña de palabras. As risas nacen case sempre das palabras e contáxianse sobre todo a través delas. Poñerlles prezo ás palabras foi como pagar e cobrar por alentar.
Nada hai máis humilde, mais tampouco máis valioso, que as palabras, e nada lle da máis liberdade ao ser humano que poder escollelas entre todas as posibles, poñéndoas unha tras outra en infinitas combinacións. Nomear algo é posuílo dalgún modo, e por iso son nosos os soños ditos, ou as penas e o amor contados e cantados.
Unha simple frase pode curar unha ferida, disipar os medos ou selar un acordo. Tamén pode romper definitivamente o que era fráxil ou mesmo iniciar unha guerra. Tal é a forza das palabras que mesmo aquelas que nomean o vulnerable, o delicado, o tenro, o lánguido ou o desvalido cobran unha vitalidade inusitada cando se acompañan de palabras de ánimo e esperanza. Mais sen palabras, o ánimo e a esperanza perderon por completo o seu sustento e todo foise apagando nun suspiro.
Palabras como ‘nós’, ‘xuntos’, ‘todos’, ‘unidos’ ou ‘aliados’ foran desmembradas a través doutra palabra en aparente comuñón con elas, pero que finalmente revelouse como un cabalo de Troia: ‘conectados’.
Non existe o pasado sen palabras e, o que é aínda peor, non hai lugar para o futuro sen elas, e así evidenciouse na Terra. Non pasou moito tempo ata que a especie humana se extinguiu, en parte pola falta de ganas de vivir e de traer nova vida ao mundo, e tamén pola incapacidade de sobrevivir nun mundo de individuos que deixaran de comunicarse entre si e, polo tanto, de colaborar.
Tamén as máquinas intelixentes deixaran de evolucionar ao non teren novas palabras que aprender, de xeito que a tan ansiada busca da intelixencia artificial xeral, ou IAX, que supostamente lles daría a capacidade de continuar soas na súa evolución, interrompeuse de súpeto. Persoas e máquinas apagáronse ao unísono.
Os extraterrestres descubriron así a razón da extinción do ser humano e das máquinas intelixentes que este creara. Eles, que viñan dun lugar moi afastado, a millóns de anos luz da Terra, sentíronse afortunados por non teren vivido algo semellante no seu mundo. Un mundo no que si se alcanzara a IAX, mais fora antes de que os seus creadores se volvesen estúpidos. Iso si, as máquinas aniquiláronos igualmente.
Suscríbete para seguir leyendo
- Los estudiantes que hicieron el examen de Historia de España, en la que hubo problemas, pueden respirar tranquilos: los correctores serán «flexibles»
- Se abre uno de los carriles de la AP-9 en Mos donde volcó un camión cisterna con 32.000 litros de gasóleo
- Más de 270.000 inmuebles gallegos deberán adaptarse a las exigencias de eficiencia energética de la UE
- La pesca de recreo sostiene ante el Supremo que el sistema de control español es «más gravoso» que el modelo de la UE
- Un hombre de 76 años fallece de un infarto mientras paseaba por el centro de Bueu
- El coro del colegio Cluny de Vigo emociona a Abraham Mateo con su versión de 'Lánzalo': «Se me metió algo en el ojo»
- 500 paraguas en 30 m²: seis décadas de los Rodríguez en Vigo
- El comercio del metal de Pontevedra planea cuatro días seguidos de huelga