Opinión
Dallas-Vilalba
Postos a comparar, e salvando as distancias, Dallas e Vilalba teñen un aquel de semellante. Vale, se cadra é esaxerado pero comparten certos básicos esenciais. Iso ninguén o pode negar. O primeiro, a localización. Están no interior, lonxe da costa, que iso xa marca o carácter. En Dallas mataron a Kennedy e en Vilalba naceu Fraga. Os de Texas teñen petróleo e os da Terra Chá, muíños de vento. E logo están as vacas, moitas vacas. Por iso aló teñen cowboys e por esta banda «vaqueiros», só que lles chamamos gandeiros, que sona máis da casa, menos peliculeiro. Eso si, se cadra a Vilalba o que lle falta agora é que algunha empresa de software se fixe en toda esa extensión baleira, e con electricidade de sobra, para desenvolver proxectos de I+D+i. Agora precisamente que tanto se fala da xeración de coñecemento propio e da soberanía tecnolóxica e dixital lonxe dos ditados da China e os Estados Unidos.
Austin, a capital do estado texano, Houston e Dallas, levan dun tempo a esta parte sendo o polo de atracción para as compañías tecnolóxicas como Amazon ou Google, quen vén de anunciar unha inversión de 40.000 millóns de dólares nese territorio sureño, e igualmente para as firmas financeiras da Gran Mazá (Goldman Sachs, JPMorgan Chase ou BlackRock). É curioso que un estado conservador (republicano de toda a vida), tan apegado á terra, ao campo, ao traballo industrial, aos valores tradicionais, ao «tes vacas ou leiras?», da noite para a mañá acabe recibindo aos frikis das computadoras e aos relambidos psico-killers das grandes corporacións. É que así exposto, a Terra Chá conta con todos os ingredientes para despuntar. Presinto moito potencial en Vilalba, ata na veciña As Pontes! (hoxe en día, unha vila tan triste coma Chernóbil).
Volvendo á dualidade Dallas-Vilalba, debo recoñecer que aos yankis só lles faltan eucaliptos. Si, niso o norte galego está servido. Gaña por goleada. Agora ademais con superávit, pois quedamos sen «Altri Non». Que imos facer con tanta polpa de celulosa? Se cadra o Comité Central de San Caetano resérvanos algún plan B. De seguro que algunha sorpresa para dinamizar o eixo Lugo-Ourense está a punto de anunciarse... Parece broma, pero nada máis lonxe. É que pensando un pouco, entre Viveiro e Verín, nesa franxa duns corenta kilómetros de ancho que descorre de norte a sur, é coma se non houbera nada. Sen futuro prometedor. Sen traballo atraente. Por iso, atendendo ao caso de Dallas, e máis aló do vacún, o porcino e os vellos (nisto tamén somos potencia mundial: lideramos as taxas de envellecemento españolas, pelexando polo primeiro lugar con Asturias e Castela-León), cústame crer que ninguén imaxinara o potencial da Terra Chá para acoller o «Seixo Valley», o Silicon Valley galego.
Suscríbete para seguir leyendo
- Las playas de Vigo empiezan a vaciarse
- Diez carreras gallegas exigen más de un 12 para entrar en la universidad
- La Diputación puede verse obligada a devolver la Pousada da Lanzada y su centro vacacional
- Una enfermera vuelca en Vilagarcía tras quedarse dormida al volante
- Un abogado irá a juicio en Vigo acusado de masturbarse ante una clienta por videoconferencia
- El Ministerio de Cultura reabre la investigación sobre la «casa barroca» de Combarro tras un vuelco documental
- Un banco pagará 6.000 euros en costas por no devolver 104 euros a una clienta de Vigo
- Un vigués logra que la Justicia le reconozca ser dueño de una finca tras 30 años de conflicto con los comuneros de Cabral
