Opinión
Xosé Manuel Souto González
As reivindicacións dunha mobilidade funcional en Vigo

Autovía A-55, ao seu paso polo termo municipal de Mos. / Pablo H. Gamarra
As estratexias de desenvolvemento urbano integral (EDUSI) no seo da Unión Europea pretenden xestionar desde o territorio a transición a un modelo máis sostible, que permita a continuidade dunha calidade de vida sen depender dos recursos enerxéticos fósiles. Nesta axenda estratéxica poténcianse as Áreas Urbanas Funcionais, que son espazos intermunicipais que se relacionan entre sí polas circunstancias laborais, comerciais, educativas ou sanitarias.
Pero esta mobilidade ten que ser definida por unha nova xeira de competencias administrativas, como xa dixemos nun artigo anterior publicado neste mesmo xornal, FARO DE VIGO. Referímonos á acción conxunta de varios concellos, as Deputacións provinciais, a Xunta de Galicia e o Estado Central. Nesta acción conxunta estamos a xogar o futuro da democracia.
A primeira proposta totalmente necesaria é a que implica coordinar as políticas do Ministerio (ADIF), Administración Autonómica (Xunta de Galicia), institucións locais (Deputación, concellos), na procura de integrar todos os sistemas de transporte. Isto facilitaría a creación dunha tarxeta dixital para a mobilidade na zona. A chamada á colaboración política tamén corresponde ás organizacións sindicais e ás Confederacións de Empresarios. Unha acción institucional para mellorar a calidade de vida de todos os veciños da área funcional.
A tarxeta evita perdas de tempo, aforra diñeiro e evita que moitos coches que veñen de municipios próximos entren na cidade, o que repercute nunha menor contaminación acústica, atmosférica e de risco para a saúde. Temos que saber que os aforamentos de Vigo cidade están estancados, pero aumentaron os de aceso á cidade, o que tamén sucede cando comparamos as taxas de motorización: mentres en Vigo estabilízanse, aumentan nos municipios da contorna. O transporte urbano da cidade pode ir ata lugares próximos (Priegue, Vincios, Dornelas, Torroso) para facilitar a conexión co centro, como sucede na actualidade en Chapela e como se fai noutras cidades como Valencia ou Palma de Mallorca. Unha oportunidade que se pode aproveitar na renovación da concesión e que implica unha negociación coa Xunta de Galicia.
A localización de paradas de tren, buses e barcos supoñen un punto de ruptura de mobilidade que debe ser organizado coa correspondente intermodalidade, para o que se necesita estudo de localización de estacións e cronoloxía axeitada de chegadas para intercambios de modo de transporte. O deseño e potenciación doutros xeitos de transporte (bicicleta, monopatín, peóns, escalas en costas) ten que se contemplar neste proceso de debate, aínda que as condicións non sexan ás mais axeitadas. O estudo territorial debe contemplar a localización de aparcadoiros disuasorios para non entrar no centro das cidades e vilas e favorecer así os outros medios de mobilidade. A elevada taxa de motorización na AUF de Vigo non é incompatible co desenvolvemento de políticas de transporte público menos contaminante.
Facer unha infraestrutura de estacións intermodais facilita a comunicación de persoas de diferentes concellos, ademais de frear a chegada de coches ao centro da cidade ou nos barrios laborais. A chegada de moitas persoas en barco e tren poden ser distribuídas en buses polos barrios ou lugares que se precise. Os aparcamentos disuasorios facilita a comunicación persoal nos concellos próximos e aforra combustible aos seus propietarios. A mobilidade na Área Urbana Funcional non pode restar oportunidades a un proxecto de relación co resto de Galicia e co Norte de Portugal. A liberación AP-9, as conexións con Norte Portugal, a Liña do Miño, a mellora conexión do barco da ría de Vigo son outras posibles medidas que darían lugar á liberación de tráfico en zonas concretas como en Puxeiros, a Travesía de Vigo, a Avenida de Madrid ou a zona de As Travesas. Para isto será necesario reclamar un ferrocarril de proximidades, como por certo existe en Asturias e Cantabria. O sistema de mobilidade dun área funcional empeza en lugares dispersos e se concentra na cidade central. Por iso, mellorar a mobilidade dos lugares periurbanos supón facilitar a vida no centro da Cidade.
Xosé Manuel Souto González é membro da Comisión Intermodal do Instituto de Estudos Vigueses
- Muere un presunto narco en un operativo contra el tráfico de drogas en Arousa
- La Diputación puede verse obligada a devolver la Pousada da Lanzada y su centro vacacional
- Buscan a un hombre de 43 años tras agredir a su expareja y secuestrar a su bebé en Ponte Caldelas
- Abel Caballero exige 9 millones de euros a la Xunta: «Si a Santiago lo apoyan con tres por capitalidad, a Vigo le tienen que dar nueve como ciudad más importante de Galicia»
- Un abogado irá a juicio en Vigo acusado de masturbarse ante una clienta por videoconferencia
- Nuevo operativo contra el narcotráfico en Arousa: registros en Vilanova, Vilagarcía y Ribadumia
- El Ministerio de Cultura reabre la investigación sobre la «casa barroca» de Combarro tras un vuelco documental
- Una nutria «enorme» sorprende a los bañistas en las playas de Coruxo