Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Opinión

Christoph Schreinmoser

Galicia perante un mundo inestábel

El presidente de Estados Unidos, Donald Trump, en una imagen de archivo.

El presidente de Estados Unidos, Donald Trump, en una imagen de archivo. / Europa Press

O mundo do ano 2026 é un mundo complexo. A fragmentación xeopolítica, o cuestionamento das institucións multilaterais e un transaccionalismo crecente nas relacións entre Estados configuran un escenario inestábel e volátil. Se ben non é unha tendencia nova, a segunda presidencia de Donald Trump non fixo senón acelerar o desmantelamento do mundo de posguerra.

Galicia non pode estar allea a esas dinámicas e precisa articular os seus intereses no plano internacional dende un compromiso claro co multilateralismo. Conta para iso cun marco político que poucos territorios do seu tamaño teñen: a Lei de Acción Exterior de 2021, a Lei Paz Andrade e a Estratexia Galega de Acción Exterior 2025-2029. Mais segue a se aplicar a retazos, sen un fío condutor que dote as iniciativas de coherencia e impacto real.

Superar esa fragmentación é tanto máis urxente canto que o momento ofrece oportunidades concretas. No plano económico, iniciativas como a posíbel instalación dunha fábrica da empresa chinesa MG en Ferrol lembran que a proxección exterior ten consecuencias directas para a vida das persoas. Mais as oportunidades non son só económicas. Temos tamén marxe para gañarmos presenza en organizacións como a UNESCO, a CPLP ou a ONU Turismo. Son espazos onde a nosa lingua, a nosa cultura e os nosos sectores estratéxicos merecen unha voz propia e activa.

Con todo, unha acción exterior coherente precisa tamén capacidade de análise propia. No IGADI levamos 34 anos ofrecendo claves para comprender o presente e anticipar tendencias nas relacións internacionais, sempre en chave galega. As conclusións dese traballo, recollidas nos nosos informes anuais, apuntan todas na mesma dirección: Galicia ten os instrumentos, só lle falta a vontade de usalos con coherencia.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents