Opinión | Día das Letras Galegas
Xabier P. Igrexas
Begoña toda

Begoña Caamaño, no 2013. / FDV
Celebrarmos a Begoña Caamaño é moito máis que render merecida homenaxe a unha escritora chea de talento, audacia narrativa e creadora de obras con ollada comprometida. Reducila ao seu brillante desempeño literario é empequenecela. Porque a magnitude da súa obra vai moi alén das súas dúas extraordinarias novelas publicadas.
O seu é un legado de compromiso. De compromiso militante. Do que non encaixa nas estreiteces dos moldes que ela rachou sempre. Do compromiso que houbo quen quixo (e quere) invisibilizar, como se puidésemos desligar os seus textos do seu propio pensamento, da súa cosmovisión, da súa perspectiva.
Vemos con Begoña o mesmo intento, tan inxusto como inútil, que xa se padeceu antes con Xela Arias —tamén homenaxeada noutro Día das Letras Galegas— , despois co Ano Castelao e agora coa figura xigante de Otero Pedraio. A pretensión deliberada por edulcorala, por desnaturalizala, por a desposuír da ollada de seu. Por distorsionala reescribíndoa en minúsculas para a facer encaixar nas marxes raquíticas do pensamento gris da oficialidade institucional. Para amansar unha figura tan brava na firmeza das conviccións como tenra na sensibilidade con todas as causas xustas. Para tentar moderar un perfil afouto, valente e deliberadamente ousado.
Por iso cómpre, este 17 de maio e todos os días do ano, reivindicar e celebrarmos a Begoña toda. A galega de nación comprometida, de maneira desacomplexada, coa causa da soberanía para Galiza. A muller abandeirada, sempre, da defensa da nosa lingua. A feminista incombustíbel. A loitadora chea de conciencia de clase. A Begoña sindicalista da CIG. A xornalista honesta que se revolveu fronte á abafante manipulación partidista e a censura nos medios de comunicación públicos do noso País que, infelizmente, seguimos a padecer. A que escribiu desde a dupla condición de muller e parte dunha nación desposuída e negada.
A viguesa que medrou entre as rúas de dous barrios obreiros como o Calvario e Coia. A que forxou boa parte da súa personalidade á calor das loitas sociais, veciñais e sindicais que definen o pasado, presente e futuro do que significa Vigo. Esa é a súa mellor medalla fronte ao sectarismo de quen lle negou a da cidade.
O poliedro que era Begoña Caamaño só cabe en olladas honestas e amplas. De aí a multiplicidade de libros, de vídeos, de actos dos últimos meses para nos achegar a un pensamento profundo, alicerzado na defensa da igualdade, da xustiza e do dereito á felicidade.
Xabier P. Igrexas é o portavoz municipal do BNG de Vigo
Suscríbete para seguir leyendo
- Urgencias del hospital Álvaro Cunqueiro habilita una zona específica para pacientes de salud mental
- Condenan a la CIG a pagar 15.000 euros a una trabajadora por negarle la reducción de jornada para el cuidado de sus dos hijos
- El Concello de Cangas coloca grandes piedras en la zona de playas para impedir el aparcamiento de turismos y autocaravanas
- Povisa ficha al doctor Manuel Ruibal para impulsar la cirugía robótica con el sistema Da Vinci Xi
- Povisa sufre su mayor fuga de usuarios con casi 8.000 solicitudes de salida en el mes de elección de hospital
- El Celta arrancará la próxima temporada con más espectadores en las gradas de Balaídos: el Concello de Vigo anuncia una importante novedad en el estadio
- Los estudiantes que hicieron el examen de Historia de España, en la que hubo problemas, pueden respirar tranquilos: los correctores serán «flexibles»
- Profand deja ver por fin el viejo Banco de Galicia: la joya de Pacewicz reaparece en pleno centro de Vigo