Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Opinión

Santiago

Conciencia fiscal

Sen sanidade e ensino público, sen pensións, sen seguro por desemprego e incapacidades temporais, e eliminando os servizos de dependencia, os impostos e cotizacións sociais serían moitísimo máis baixos que na actualidade. Máis ou menos como no franquismo.

Certo que hai exemplos de países nos que cada un amaña o seu. Poñamos o caso de Estados Unidos. O acceso a unha boa universidade é quimera para moitas familias con rendas por baixo da media, unha enfermidade grave pode arruinar a quen non teña contratado previamente un caro seguro, que cada un achante cos seus dependentes.

Un pode preferir o franquismo, o modelo estadounidense, ou o que temos hoxe en España. A escolla para cada cidadán e partido político é lexítima, pero sen perder a coherencia. Porque se queremos a carteira de servizos e prestacións que temos, hai que estar dispostos a pagar os impostos precisos. Que, en xeral, son algo inferiores aos que pagan os nosos veciños europeos.

A partir de aquí, podemos discutir sobre a conveniencia dunha reforma tributaria que faga máis eficiente e xusta esa recadación tributaria; ou sobre a necesidade de avaliar para gastar mellor nalgúns eidos. Son asuntos relevantes e aos que algúns lle dedicamos moito tempo nos nosos esforzos investigadores e docentes. Pero o debate hai que situalo en perspectiva. Mesmo cunha reforma óptima e gastando con toda a eficiencia, a contía global dos impostos e cotizacións sociais que teriamos que pagar seguirían sendo elevados.

Por iso precisamos unha elevada conciencia fiscal. A xente ten que entender que se queremos servizos de acceso libre, hai que pagar moitos impostos. Cada un en función das súas posibilidades; pero todos temos que facelo. Por iso, alporízome cada vez que oio o termo de «inferno fiscal». Porén, teño tamén prevención coa idea de que as rendas baixas queden fora da presentación do IRPF, ou de que o SMI quede libre de impostos. Máis aló dos problemas de tipos marxinais disparatados para os que gañan 20.000 euros; de agravios comparativos cos autónomos que gañan o mesmo que o SMI e si pagan, abre unha vía para os que gañan 25.000 ou 30.000 anuais argumenten tamén que eles deben quedar fora do pago do IRPF. Que paguen os ricos, din. Non é a primeira vez que o escoito.

Falemos máis de conciencia fiscal.    

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents