Opinión
...E para comer, Lugo?
Temos unha provincia -no fondo son dúas, porque Mondoñedo, ao norte, foi tamén antano división administrativa, ademais da relixiosa- que é ben singular. Sen dúbida é a que máis electricidade consume por habitante. Visto desde fora ata semella un índice de progreso. Só que ten truco. En última instancia quen consume é Alcoa, a fundición de aluminio, o resto de habitantes gastan máis ben pouco.
Destaca tamén a provincia por ser o berce da cerámica de Sargadelos. Ninguén esquece esa louza azul e branca de formas xeométricas, a medio camiño entre a tradición e a vangarda, ou os amuletos, as pezas de animais, os colgantes,... Pois si, do mesmísimo lugar de Sargadelos, no concello de Cervo saen eses tesouros esmaltados. Só ten un inconveniente. Un nada. As malas linguas din que o novo administrador -un tipo fulero, disque-, vaina levar ao tacho, e acabará pechando a fábrica. «Dionoloqueira»
Agora é común ter unha concelleira venezolana ou un parlamentario da Guinea Ecuatorial. Somos unha sociedade multicultural, poliédrica, aberta,... (necesitamos selo!, faltan brazos). A nova realidade é colorida e amósanos mil camiños para percorrer. Nen chama a atención a lata de Goya no supermercado nen a Inca Kola no bar. Nos noventa, por moita Expo, Olimpiadas e turistas que houbera, a situación era moi diferente. Ou sexa, diferente era en España; na provincia xa había en 1991 un alcalde árabe, o de Muras, Issam Alnagm. Firme opositor á Guerra do Golfo, o único cargo do PP que se mostrou abertamente contrario.
Aí non acaba a diversidade. En Burela, naqueles anos unha puxante vila de mariñeiros, convivía como parte da veciñanza, unha nutrida colonia de caboverdianos. Os «negritos» foron exemplo de integración. O do rexedor..., -era visto- rematou cunha condena por prevaricación e inhabilitación para cargo público.
Esta provincia nunca te deixa indiferente e simplificala nun paraíso gastronómico, como a campaña aquela do «E para comer, Lugo» resulta bastante reducionista. Só que custa explicar esa antítese, porque parece unha extravagancia, ciencia ficción, pero existe. É o realismo máxico á galega, tan cunqueirano, onde nada é o que parece. Os caboverdianos bailan muiñeira e Ying Zi Sun (a pandereteira de Monterroso) sorprendíanos -xa fai dez anos- cos seus cantares e aturuxos. Por iso, porque estamos afeitos á irrealidade, semella normal que no Concello de Lugo haxa unha tránsfuga. Cando, se cadra, debería ser chocante. Incluso sentar á edil discrepante no pleno lucense foi estrafalario. Houberon de desaparecer -morrer queda moi feo- tres concelleiros do PSdeG para facerlle sitio a María Reigosa. Quen primeiro descartaba apoiar unha moción e, tempo despois, xustificábaa como «necesaria». Perdeu a fe socialista e hoxe, se cumpre o guión, que nisto nunca se sabe, co seu voto fará alcaldesa a Elena Candia. E mañá, outra sorpresa! n
Suscríbete para seguir leyendo
- Sin tren entre Vigo y Santiago a causa de un hombre subido a la catenaria, en Vilagarcía
- Argentina autoriza la entrada masiva de pesqueros extranjeros por el temporal: flota gallega, a la capa para protegerse
- La factura del jabalí: resembrar una hectárea de maíz cuesta más de 900 euros
- El Celta, un paso más cerca de Europa
- Adrián Senar, CEO de Kreios Space: «En dos años necesitaremos 2.000 o 3.000 metros cuadrados más para empezar a producir»
- Cae parte del techo del parking del Eroski de la avenida Portanet, en Vigo
- Una autovía en pleno Vigo: 'pillado' a 124 km/h en una carretera limitada a 50 km/h
- El Concello de Vigo encarga la primera fase de la ampliación de Tribuna y pide colaboración económica: «No hay excusas»
