Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Opinión

Ana Ortiz

Ana Ortiz

Delegada da Xunta en Vigo

Vigo, cidade peregrina

Xa son dez anos e parece que foi onte. O día 6 de maio do 2016 no DOG publicábase o recoñecemento e oficialidade do Camiño Portugués da Costa.

Nese momento, Vigo converteuse no eixe central dun percorrido que se inicia na Guarda e continúa polo Rosal, Oia, Baiona, Nigrán e desde Vigo ata Redondela.

Desde esa data, Portugal e a poboación de Caminha permiten ao peregrino atravesar a desembocadura do río Miño para situarse na Guarda. Este é o punto de inicio dun trazado de peregrinación que non para de medrar.

Mais de 300.000 persoas chegadas de todos os lugares do mundo: Xapón, Corea, Australia, Francia, Canadá, México, entre outros, xa nos coñeceron. Saben como somos, saborearon a nosa gastronomía e por suposto viron en primeira persoa os nosos lugares e contornos e algúns viviron as nosas tradicións.

Vigo xa é unha «cidade peregrina», porque ademais tamén dispón dunha infraestrutura coma o albergue de peregrinos do Berbés, que desde a súa apertura, en agosto do 2021, recibiu a 35.000 peregrinos.

Un albergue que leva o nome de Juan Manuel López Chaves. A persoa que, xunto coa Asociación Amigos de los Pazos, foi o impulsor da proposta para que o Camiño Portugués da Costa tivese o seu recoñecemento.

E chegamos ata aquí, co desexo de continuar e seguir medrando grazas a colectivos coma o da hostalería e comercio. Un sector servizos que sempre atendeu as propostas que desde a Xunta de Galicia se expuxeron para coñecer máis e divulgar o Camiño de Santiago.

A colaboración e dispoñibilidade que sempre mostraron permítenos pensar que as cousas se están a facer ben, escoitando as súas propostas e atendéndoas na medida das posibilidades de quen xestiona os recursos de Galicia.

A Xunta de Galicia, a través do seu presidente, Alfonso Rueda, creu sempre nunha Galicia de calidade, dotando de medios e recursos ao Turismo de Galicia para crear unha marca que chegue a todo o mundo.

E todo esto, desde a colaboración entre administracións, o entendemento e a mentalidade de futuro, porque os peregrinos viñeron para quedarse, polo menos durante uns días, mentres percorren o camiño.

Dito isto, convén lembrar tamén que a única cidade do mundo que non permite sinalizar o Camiño é o concello de Vigo. Dez anos esperando para que os peregrinos non se perdan. Cidades de todas as cores políticas, permitiron que a Xunta de Galicia sinalizase con simboloxía, como azulexos indicadores, cunchas de bronce, mouteiras e outros elementos o percorrido polos seus termos municipais.

Nin sequera o compromiso adquirido polo alcalde de Vigo de sinalizar o camiño se chegou a executar. Peticións de distintas entidades coma «Los Amigos de los Pazos», «Discamino» e do propio presidente da Xunta de Galicia se cumpriron.

A pesares desta situación, unha vez máis e dende aquí reclamamos, traballando e esforzándonos para que o Camiño Portugués da Costa que entra en Vigo polos montes de Saiáns, chega ao casco urbano percorrendo o Lagares ata Castrelos e camiña pola Praza de América, Seara, Menéndez Pelayo e ata o Casco Vello, Colexiata, Areal, Sanjurjo Badía e Avenida de Galicia, dirección senda da auga para chegar á entrada de Redondela, siga sendo percorrido de peregrinos de todo o mundo.

Felicidades Camiño Portugués da Costa.

*Ana Ortiz é delegada da Xunta en Vigo

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents