Opinión | VOYAGER

Escritora
O día das crianzas son todos

Madre e hija. / Imagen generada con IA
Na miña familia ocorre que os aniversarios dos pais están concentrados entre marzo e finais de abril, datas que coinciden na época do Día do pai e Día da nai. Ante tal acumulación de celebracións e agasallos —e vendo moi lonxe aínda o meu aniversario, que cadra en setembro— lembro preguntar de cativa con certo ton de inxustiza: «¿E cando é o día das fillas?», e recibir unha resposta que me facía sentir unha inxustiza aínda maior: «Os días das fillas son todos». Eu pensaba: «Que mentira tan grande».
O meu razoamento ía polo seguinte camiño: afirman que os días das crianzas son todos porque os pais teñen a obriga de educarnos, darnos alimento e abrigo, e iso require unha atención e un desembolso económico. Pero ser pais foi unha escolla súa e eles tamén comen, tamén se visten... O caso é que na miña mente de sete ou oito anos era incomprensible que non existise un Día das fillas e celebrásemos, tamén, a nosa existencia no mundo cun agasallo. Agora pregúntome cantas fillas e fillos formulamos esa mesma pregunta sendo crianzas e cantas recibimos a mesma resposta. Pregúntome tamén se as crianzas de hoxe senten ese mesmo grao de inxustiza ante a ausencia da efeméride. Eu, a priori, diría que non.
O día das crianzas son todos os días? E tanto que si! Mais isto é algo que un cativo non pode comprender, ou non neses termos. Sexa como for e alén da anécdota que estou certa de que moitas persoas sentirán familiar, os tempos son outros, e o paso das décadas proporciona unha perspectiva que é máis valiosa cando consegues ter tan vívidas as sensacións da infancia.
Pero, por riba de todo, penso nas ausencias coma unha especie de recordatorio perpetuo da fugacidade. Fago un repaso polas persoas que perderon as súas nais de xeito prematuro; por aquelas outras que manteñen unha relación difícil mais que tamén deriva no feito dunha nai ausente; polas que tiveron a oportunidade de acompañar a súa nai durante moitos anos cunha relación estupenda; por quen ten unha fotografía nese cuarto onde pasou os derradeiros días, sobre a cómoda, a carón dunha cama que ficou, a partir dese momento, intacta... E penso en quen temos a fortuna de continuar o sendeiro amarradas da man das nosas nais, coa conciencia dese vínculo poderoso.
Das obras máis conmovedoras sobre as nais, recomendo a impecable El verano en que mi madre tuvo los ojos verdes, de Tatiana Tibuleac. Unha novela sobre a exploración da perda, o perdón e a memoria familiar cun estilo arrebatador e, por momentos, punzante. Una mujer, de Annie Ernaux, que explora a través da memoria autobiográfica a complexidade da relación nai-filla e navega desde o amor ata a culpa. Tamén vibrei con Hamnet, de Maggie O´Farrel, pola visceralidade, pola relación da muller coa terra e pola viaxe da protagonista polos distintos tipos de amor. E se aínda non coñecen Todo por hacer, a segunda novela da galega Julia Varela, recomendo esta historia tenra, que transita a perda e a maternidade pero tamén deixa espazos para ir tecendo un misterio. Todo por hacer é un libro que conecta especialmente co mes de maio porque ten as xestas como símbolo. Esas flores amarelas que nos protexen dos malos espíritos, que representan a chegada da primavera, que manteñen firme o vínculo coa tradición; esas flores que xa empezamos a ver nas portas das casas e prendidas dos parabrisas dos coches nestas datas en que os días empezan a ser máis longos, coma unha promesa de felicidade.
Suscríbete para seguir leyendo
- Comerciantes y hosteleros empiezan a pagar cuotas voluntarias de 50 euros para el contencioso contra la subida de la basura
- El baile de sillas en la Xunta se atasca: más de 2.100 empleados deben tomar posesión pero hay déficit de plazas para los grupos A1 y A2
- Lista abierta para el adiós en Balaídos
- La CIG mantiene las movilizaciones en Vigo pese al preacuerdo en el metal: éstas son las calles afectadas por la manifestación del martes 19
- «Hemos formado gente, pero faltan empresarios dispuestos a contratar personal»
- Armón Vigo se estrena en buques militares con la botadura del «HMS Sälen», el primer barco para la Armada de Suecia
- El Gobierno cederá capacidad pesquera a los jóvenes que quieran dar de alta un barco para emprender en el mar
- CC OO y UGT ratifican el preacuerdo del metal de Pontevedra en sus asambleas