Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Opinión | Tribuna libre

Gaspar García Dobarro

A Feira do Cabalo, sempre a última fin de semana de abril

En 2027 volveremos coincidir coa de Noia, polo que me gustaría adiantar o 90% das actividades ao sábado

Como presidente de Cabaleiros de Lalín quero comezar dando as gracias aos soci@s, os medios de comunicación, colaboradores, a toda a xente que se achegou esta fin de semana a Lalín, tanto público como gandeirías, cabaleiros e amazonas que trouxeron os seus exemplares aos concurso morfolóxicos e á ruta ecuestre e tamén aos cocher@s que participaron na demostración de enganche. Tamén quero agradecer aos xuíces que nos acampañaron nos concursos morfolóxicos e de andadura e, por último, pero non menos importante, quero destacar, non só a parte económica, senón tamén a parte humana do Concello de Lalín, cos medios que aportaron, tanto para os aparcadoiros, preparación de pistas e disposición das naves, tanto para gardar équidos como o material que precisamos durante a feira.

Levo dende o mes de outubro sendo presidente desta asociación, polo que tiven apenas cinco meses para poder preparar unha feira do cabalo como é a de Lalín, unha das máis importantes, non só de Galicia, senón tamén do norte de España. Grazas á directiva que me axudou a que fose máis fácil en cinco meses preparar dito evento.

A valoración para nós é moi positiva, unha feira con moita diversidade, para todos os públicos, na que podemos destacar o bautismo ecuestre a cargo do Centro Ecuestre Vía da Prata, que tivo moito éxito entre a rapazada e maiores, e o espectáculo ecuestre nocturno de La Magia del Caballo, que fixo tamén o espectáculo do domingo, un pouco longo pero con moi bo sabor de boca para o público.

Dito isto, vou pedir unha reunión co alcalde de Lalín para falar xa da vindeira edición da Feira do Cabalo, xa que quero que sexa unha edición aínda mellor e onte, falando cos xuíces, vemos que volve coincidir 24 e 25 de abril. O día 25 coincidimos con Noia de novo e gustaríame poder adiantar o 90% das actividades para o sábado e que así poidan asistir tod@s @s que o desexen ás dúas grandes feiras que hai esa fin de semana en Galicia. Tanto o Concello como os cabaleiros temos claro que a fecha ten que ser o último fin de semana de abril; salvo que por motivos moi extraordinarios houbese que mudala, seguirá sendo así, porque outras feiras e organizacións ecuestres respetan esa data, salvo Noia, que sempre foi o 25 de abril.

Tracking Pixel Contents