Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Opinión

Vigo

Os imperios ao longo da historia

En 2016, Le Monde publicaba «L’Atlas des Empires» (O Atlas dos Imperios), que daba conta da historia e situación actual dos novos imperialismos. O 9 de outubro 1852 Napoleón, en plena campaña en Bórdeos e antes de ser proclamado emperador, exclamou: O Imperio é a paz, o comercio a prosperidade, e tamén a colonización de Alxeria. Momento histórico no que se cuestionaban os pobos, linguas, riquezas, saberes, relixións, e o equilibrio entre centralismo e periferia ou maiorías e minorías.

Mesopotamia, inventora da escrita, foi o berce dos primeiros imperios. O Imperio Persa (Irán), foi creado no s. VI a. C. ata o s. XX d. C. que continuou ca dinastía Pahlavi reemprazada pola revolución iraniana en 1979. Persopolis lugar histórico do Imperio Persa, seria declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO (1979). Persia seria tamén a inspiradora de Alexandro Magno que desde a Macedonia (334 a. C.), faría unha campaña épica ata o seu falecemento (323 a. C).

Os Imperios musulmáns das dinastías árabes, turcas, bérberes, persas... representan a diversidade do Islam (s. V ata XVII); o Imperio Chinés, é fundado cara o s. CCXX a. C.; o Imperio Exipcio faraónico (s. IV a. C.), debíase ao deber sagrado de expandir as súas fronteiras, e o Imperio Romano (27 a. C.), foi o referente do espallamento dunha cultura común e accesible. Os Imperios Inca (s. XIII) e Azteca (s. XIV), atópanse no s. XV co Imperio Español que tiña a misión evanxelizadora da terra ao tempo que Portugal creaba un imperio marítimo e comercial. A Europa Imperial dura ata o s. XX, significada polo Imperio Bizantino (s. XIII-XV); O Santo Imperio (s. XVI); Francia con Napoleón (s. XIX), e os Imperios Austro-Húngaro (s. XX); Ruso (s. XV–XIX); Alemaña (s. XIX–XX); Países Baixos; Gran Bretaña ou Xapón.

Dos acontecementos épicos máis importantes da historia dos imperios son celebres, polos ríos de sangue que provocaron, as campañas de Tamerlan (s. XIV-XV), considerado en Europa como: a espada do islam, un dos militares máis significativos da historia e conquistador de Asia Central con máis de 8 millóns de Km2, arrasando pobos e cidades, ao tempo que mecenas de institucións educativas e relixiosas. Máis de 17 millóns de persoas foron masacradas (5% da poboación mundial naquela época).

Os imperios mantivéronse a través de considerables esforzos militares e millóns de mortos. Porén, conserváronse a duras penas polas murallas (cada vez máis porosas) ou as armas (progresivamente menos eficaces), antes de deixarse subxugar.

Os Estados Unidos de América, é considerado desde fai varias décadas unha superpotencia, hoxe con características imperiais modernas. Un imperio informal máis ca un imperio colonial. O seu dominio, é a través dun potencial militar, económico e tecnolóxico apoiado por unha rede de alianzas con outros países e institucións, a través do emprego das novas tecnoloxías e a IA, que desbordan as análises que se pretendan realizar a curto prazo.

Os novos imperios non buscan tanto conquistar e administrar territorios, como facían os imperios coloniais, senón asegurar a súa hexemonía económica, política e militar. Por outra banda o imperio americano tampouco poderá ser absoluto, enfrontándose a unha importante resistencia internacional de potencias emerxentes como a China, India ou Brasil.

Os imperios non son fantasmas, están aí! E como imperio dixital China trata de liderar o mundo a través dunha constante revolución tecnolóxica e a IA! Porén, como acontece coa vida humana, os imperios tal como foron, están sendo e serán tamén deixarán de existir, tal e como ten acontecido ao longo da historia. Ningún imperio resistiu o paso do tempo, pois leva nas súas entrañas a semente da súa propia imposibilidade sustentable e polo tanto a súa auto destrución.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents