Opinión | Segunda Feira
Morreu o Rin Rin
Alguén nos dixo as palabras que figuran no título. Deixáronme envolveito en farrapos de infancia e, aquilo que estaba oculto deu en avivecer, e houbo sombras que voltaron. O Rin Rin, de nome oficial Manuel Vázquez Vázquez, fora nado en Vilanova dos Infantes e viviu uns oitenta e catro anos. Era fillo da Amelia e do Elío, mestre de obra prima que, como tantos naquela vila, facía compatíbel o oficio de zapateiro co de músico. Sonche ben curiosos os nomes en Vilanova.
En realidade, o pai de Manolo Rin Rin era Eduardo Helio. Pero déronlle en chamar Elío e así quedou. O propio del era a caixa e outras percusións de banda. O Rin Rin e o seu irmao, o Dardo, de maior idade, seguiron os pasos familiares. De viúva, a nai, Amelia, rexentou o taller do seu finado marido, mentres viviu. Xa Celebrara Curros Enríquez as tendencias daqueles músicos: «Vilanova dos Infantes / e vila de moita sona / n’hai zapateiro no mundo/ que bata mellor a sola».
Estou a ver, agora, o Rin Rin e máila súa irmá Elenita, moi pequenos, fuxindo polas rúas, polas murallas, polos adarves e lugares de misterio de Vilanova dos Infantes. Cecais procurasen a Trabe de Ouro da que xa lle falarían os vellos da comunidade. E nun intre, pillaron moito medo e botáronse a chorar no medio da praza e a berrrar pola mamai. Até que ela apareceu, non menos asustada, e lles limpou o moco e as bágoas das fazulas.
O Rin Rin medrou e viaxou polo mundo para acougar en Vigo, no Calvario. Manolo tocou n’Os Fioleiros e fundou con outros, o grupo de música popular galega Muxicas, no que sempre permaneceu. Ao parecer utilizouse, para o nome, o alcume dun veciño e curmao do meu pai, Manuel Méndez Núñez, chamado Muxicas. No acto do enterro, Manolo Rin Rin recibiu a homenaxe dos membros de Muxicas e outros músicos en forma de interpretación de pezas variadas. Entre elas a “Muiñeira dos sete infantes” composta polo propio grupo e por el asumida. María Xosé López, voz de Muxicas, adicoulle un fermoso alalá mariñeiro. Entre a familia de Vilanova do Rin Rin atópase o poeta galego, Paulino Vázquez, que nós unimos ao grupo familiar e amistoso polo súa lealdade lingüística e a súa calidade poética. Hoxe, en Vilanova dos Infantes, fomos ficando menos.
Á esposa e familia do Rin Rin as miñas condolencias e apertas.
Suscríbete para seguir leyendo
- La victoria de la Real Sociedad en Copa complica el deseo europeo del Celta: las cuentas para Champions, UEFA o Conference
- Las familias se rebelan contra los profesores: llegan a Inspección por sanciones a los alumnos en Vigo
- Extranjeras de Vigo, tras solicitar su regularización: «Estamos emocionadas, es la oportunidad que estábamos esperando»
- O que nos deixou Samba, o noso veciño
- La música electrónica crece en Galicia: nace un nuevo festival a los pies de la ría de Vigo
- El pesquero de Cangas "Eirado do Costal", primero de la flota gallega en incorporar el modelo de un bote salvavidas cerrado e insumergible para soportar las gélidas aguas de Terranova
- Identificado el conductor del atropello mortal en Pontevedra, al que investigan por un homicidio imprudente
- Muere el policía nacional Nazario Luis Rodríguez Costa, destinado en Salvaterra y antes en la comisaría de Vigo
