Opinión | Res Pública
Galicia en 2026
Esta semana, o Foro Económico de Galicia presentou o seu informe de conxuntura correspondente ao derradeiro trimestre de 2025. Un ano bo no económico, a pesar das incertezas de todo tipo provocadas por Trump e Putin. A actividade económica en Galicia medrou de xeito semellante ao conxunto da economía española. Algo que de feito está a ocorrer dende o ano 2000, a pesar de que a demografía galega non axuda: faltan clientes e traballadores e hai que buscalos no exterior.
Porén o foco das preguntas dos xornalistas non se puxo no pasado. Falouse sobre todo de futuro, do que vai ocorrer en 2026, do impacto da guerra en Oriente medio. A verdade é que este factor introduce una incerteza enorme, porque non sabemos o que vai durar, mais si sabemos que ten un impacto económico considerable e proporcional á súa duración e á escalada ou desescalada que poidamos ter.
Así as cousas, o máis honesto intelectualmente e o máis útil para os axentes económicos é facer proxeccións para escenarios extremos. Dunha banda, os datos de xaneiro e febreiro indicaban unha forte inercia e apuntaban a que, de novo, Galicia superaría claramente o 2% de crecemento, cunha taxa de paro que baixaría do 8%, e unha inflación no entorno do 3%. En esencia, este seguiría sendo o escenario se a semana que vén rematase a guerra e se normalizase dentro do posible.
En troques, se o conflicto se extende ao conxunto do ano e o petróleo remata o exercicio por riba de 100 dólares o barril, a inflación media no conxunto do ano remontaría ata o entorno do 6% e o crecemento do produto interior bruto (PIB) remataría por baixo do 2%. Estas son as cifras que manexa o Banco de España e que poden extrapolarse a Galicia. A recesión é descartable en Galicia e España, porque partimos dunha posición favorable. En contraste, na Eurozona existe o risco de que vexamos taxas negativas nalgún trimestre deste ano.
Suscríbete para seguir leyendo
- La victoria de la Real Sociedad en Copa complica el deseo europeo del Celta: las cuentas para Champions, UEFA o Conference
- Las familias se rebelan contra los profesores: llegan a Inspección por sanciones a los alumnos en Vigo
- Extranjeras de Vigo, tras solicitar su regularización: «Estamos emocionadas, es la oportunidad que estábamos esperando»
- O que nos deixou Samba, o noso veciño
- La música electrónica crece en Galicia: nace un nuevo festival a los pies de la ría de Vigo
- El pesquero de Cangas "Eirado do Costal", primero de la flota gallega en incorporar el modelo de un bote salvavidas cerrado e insumergible para soportar las gélidas aguas de Terranova
- Identificado el conductor del atropello mortal en Pontevedra, al que investigan por un homicidio imprudente
- Muere el policía nacional Nazario Luis Rodríguez Costa, destinado en Salvaterra y antes en la comisaría de Vigo
