Opinión
A lóxica de Palas
O Mosteiro do Carboeiro, en Silleda, no corazón do Trasdeza, é unha desas xoias inesperadas. A igrexa, do románico serodio, sorprende coas bóvedas de cruzaría e o pórtico principal. Neste tamén -á semellanza co Pórtico da Gloria compostelán- cos anciáns do Apocalipse ollando para os mortais desde o alto. Trala restauración, iniciada a finais do século pasado, somerxerse no medievo é ben fácil. Só ten un pero. Só un. Carece de electricidade.
Si, non é broma. Podería defenderse este anacronismo por conservar a esencia do lugar, pero nada máis lonxe: a menos dun quilómetro está o viaduto do Deza, un mamotreto constituído por unha ducia de xigantescos piares de cemento para liña de alta velocidade. Así que o impacto visual -e sonoro cando circulan os trens- é evidente.
Coincidencias da vida, resulta que ben preto ergueron unha subestación eléctrica para o Ave, ao lado da que abastecía a vila. A distancia é escasa, nen serán oitocentos metros en liña recta, mais ata Carboeiro non chega un electrón.
Ao parecer fálase algo dun desentendemento entre as administracións. Pero tamén escoitei que levar un tendido de baixa tensión, instalar unhas placas solares, ou incluso algún enxeño hidráulico (o río Deza arrodea o conxunto) están terminantemente prohibidos. E un xerador eléctrico?, pois eso nen se propón, bro. A cousa tampouco é sinxela. Ten o seu aquel, porque o lugar é un Ben de Interese Cultural (BIC), Monumento Histórico-Artístico (desde 1931!), ademais de ser un espazo natural atractivo; sen esquecer que as augas do Deza flúen na contorna. Co cal alí mete baza desde Augas de Galicia ata Patrimonio da Xunta, varias direccións xerais, media ducia de consellerías, outros tantos ministerios, o papa de Roma, a Deputación de Pontevedra e, claro, algunha norma da Unión Europea.
En fin, sexa polo rigor histórico de uns, polo respecto paisaxístico doutros, pola lexislación vixente, pola apatía das diferentes administracións, ou pola Regra de San Bieito, o caso é que a electrificación segue pendente; a pesar dos traballos teren finalizado no 2009 e coa pre-instalación feita. Chegados aquí, tampouco é mal plan perderse por Carboeiro coa luz do móbil. Descubrir as pinturas murais e deixarse atrapar polas escadas de caracol que baixan á cripta, só iluminados cunha lanterna, tamén resulta atraente. Para a rapazada é divertido e os veteranos imaxinámonos o frade Guillermo de Baskerville en O nome da rosa, polas galerías daquela abadía italiana, igual que esta da orde beneditina.
Agora, eso si, sabendo que existen tantos inconvenientes por un -e permítaseme a vulgaridade- merdeiro cable para vinte focos led e unhas pantallas de plasma. (que é un mosteiro, non un acelerador de partículas), ninguén soubo anticiparse a que a gran liada de Altri en Palas acabaría complicándose antes ou despois?
Suscríbete para seguir leyendo
- La victoria de la Real Sociedad en Copa complica el deseo europeo del Celta: las cuentas para Champions, UEFA o Conference
- Las familias se rebelan contra los profesores: llegan a Inspección por sanciones a los alumnos en Vigo
- Extranjeras de Vigo, tras solicitar su regularización: «Estamos emocionadas, es la oportunidad que estábamos esperando»
- O que nos deixou Samba, o noso veciño
- La música electrónica crece en Galicia: nace un nuevo festival a los pies de la ría de Vigo
- El pesquero de Cangas "Eirado do Costal", primero de la flota gallega en incorporar el modelo de un bote salvavidas cerrado e insumergible para soportar las gélidas aguas de Terranova
- Identificado el conductor del atropello mortal en Pontevedra, al que investigan por un homicidio imprudente
- Muere el policía nacional Nazario Luis Rodríguez Costa, destinado en Salvaterra y antes en la comisaría de Vigo
