Opinión | Opinión
Luis Arosa (Alcalde de A Illa)
Que mundo tan distinto ao noso!

Varias mulleres portan a imaxe da Virxe do Carme na procesión da Illa de Arousa / Noe Parga
Estes días lía nun xornal nacional que noutros lugares de España aínda están a celebrar asembleas para votar se as mulleres teñen dereito a participar nas festas do seu propio pobo xunto aos homes. Festas de séculos de historia. E a maioría vota que non. “A tradición é a tradición”, din.
E dixen: que mundo tan distinto o noso.
Pensei nas mulleres da Arousa sacando a Virxe do Carme a ombreiros. Con forza, con suor, con fe. Sen que ninguén lles votara ese dereito nin lles fixera ningún favor. Sen debates nin asembleas. Sen que ninguén tivese que defender en voz alta o que aquí sempre foi natural.
Porque na Illa de Arousa a xente non necesita que lle expliquen que a festa é de todos e de todas. Non necesita votalo. Simplemente víveo. E iso non é casualidade, é o reflexo de como é este pobo: aberto, xeneroso, sen complexos nin medos.
Vivimos nun lugar que avanzou case sen darse conta, polo simple feito de ser como é. E iso, hoxe lendo as noticias do que pasa fóra, éncheme dun orgullo enorme.
Non todos os pobos son iguais. O noso é especial. E días coma hoxe nótase máis ca nunca.
Que sorte ter nacido aquí!
- La victoria de la Real Sociedad en Copa complica el deseo europeo del Celta: las cuentas para Champions, UEFA o Conference
- Las familias se rebelan contra los profesores: llegan a Inspección por sanciones a los alumnos en Vigo
- O que nos deixou Samba, o noso veciño
- La música electrónica crece en Galicia: nace un nuevo festival a los pies de la ría de Vigo
- El pesquero de Cangas "Eirado do Costal", primero de la flota gallega en incorporar el modelo de un bote salvavidas cerrado e insumergible para soportar las gélidas aguas de Terranova
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- Clara, la abogada más joven de Ourense: «La vocación me viene desde pequeña; mi abuelo hablaba de Derecho en las comidas familiares»
- Muere el policía nacional Nazario Luis Rodríguez Costa, destinado en Salvaterra y antes en la comisaría de Vigo