Opinión
Pedro Blanco Lobeiras
En memoria de Antón Louro
Permítome escribir estas liñas aínda conmocionado polo pasamento de Antón Louro, compañeiro na responsabilidade de delegado do Goberno e compañeiro socialista. E permítome facelo no meu nome e no do resto de delegados do Goberno que tiveron a fortuna de asumir esta alta responsabilidade en democracia. Tamén me permito facelo no nome dos empregados e empregadas da Delegación do Goberno en Galicia e daqueles que compartiron tarefas nos anos que Antón Louro ocupou o despacho que hoxe, por vontade do presidente do Goberno, ocupo eu.
Antón Louro era un home de Estado, con todas as letras. Xeneroso, comprometido co servizo público. Forxou o seu carácter entre as aulas, os parlamentos e os despachos. Unha traxectoria que lle fixo estar en Madrid sen esquecer a Galicia, a Lira e a Pontevedra, a cidade que tanto amou.
Chegou Antón a esta Delegación do Goberno en abril do ano 2009. Era un momento complicado economicamente pero esta circunstancia non o arredou. Traballou co dobre obxectivo que a todos os delegados nos guía, a cada un desde a súa sensibilidade política: levar a voz dos galegos e galegas a Madrid, e amosar no territorio o resultado das políticas e accións do Goberno de España. E facelo sempre con paixón, sensibilidade e firmeza.
Así o fixo Antón. Desde o primeiro intre púxose a traballar para mellorar Galicia. Foron os anos do Plan E, con máis de 2.500 proxectos que se executaron nos 315 concellos de Galicia. Antón calzou as botas, sacou paraugas e gabán e percorreu as catro provincias, pisou o territorio, os concellos grandes e os máis pequenos, para atender as demandas dos galegos, para facer visible a acción do Goberno en Galicia.
Antón actuou sempre co convencemento de que os gobernos estaban para resolver os problemas da cidadanía a través dos servizos públicos e en todos os ámbitos, como gran defensor que foi da cohesión social e territorial. E esta tarefa asumiuna sobre a base do consenso e a cooperación que era como entendía el a política. Dicía Antón que non comulgaba coa idea de «gobernos amigos e os gobernos non tan amigos», e podo asegurar que o seu paso pola Delegación do Goberno foi o gran expoñente desta filosofía. Esa é a lembranza que deixa nesta casa, na memoria dos traballadores públicos e na dos moitos concellos que percorreu.
Na súa última visita á Delegación, en novembro do ano 2020, con motivo do cabodano da sede institucional, volveu a ter palabras de agradecemento ao persoal e ás persoas que confiaron nel para o posto. Volveu incidir no importante labor da Delegación do Goberno.
No acto que celebramos en 2024 de recoñecemento aos delegados do Goberno pola súa contribución á construción de Galicia xa non puido acompañarnos. A enfermidade non llo permitiu, pero unha vez máis falamos dunha institución que Antón Louro contribuiu a engrandecer.
Por iso, a mellor homenaxe que lle podemos facer a Antón Louro é recoller as leccións que nos deixou. Desde a Delegación do Goberno, anos despois, seguimos escoitando a Galicia e traballando para levar o Goberno a cada recuncho, para seguir modernizando o territorio, a economía e a industria, e co compromiso inquebrantable cos servizos públicos e coa cidadanía desta marabillosa terra. Como fixo Antón.
Suscríbete para seguir leyendo
- «Quedarán prohibidas las comunicaciones por WhatsApp entre familias y profesores. Se harán a través de un canal oficial y dentro de un horario»
- Cazan al arrastrero portugués «Coimbra» por presunta pesca ilegal en uno de los caladeros estratégicos de la flota gallega
- El Estado exige 6 meses de prácticas a los alumnos de la mercante pero solo les da 3: «Hay gente que ya lo da por imposible»
- La música electrónica crece en Galicia: nace un nuevo festival a los pies de la ría de Vigo
- Bertín Osborne actuará en la Festa do Galo, con María Mera de pregonera
- O que nos deixou Samba, o noso veciño
- La victoria de la Real Sociedad en Copa complica el deseo europeo del Celta: las cuentas para Champions, UEFA o Conference
- Las familias se rebelan contra los profesores: llegan a Inspección por sanciones a los alumnos en Vigo