Opinión | DE BOLINA

Asesor literario de Faro da Cultura
A guerra da fin do mundo
Conforma todo un tópico, clisé..., por parte dun amplo número de politólogos, facer referencia ás rabeleadas de cachalote que caracterizan a, ben axitada, andaina presidencial de Donald Trump. O que é máis: non faltan tampouco aqueles que acudan aínda na procura dunha patoloxía psiquiátrica que veña definir as ondulacións e zigzags mil cos que, día si e día tamén, alcanza o actual inquilino da Casa Branca alterar os nervios de tutti quanti.
Desde logo, o autor destas crónicas non vai máis alá da filoloxía, da escrita literaria e destas liñas semanais a tentaren desenrolar un tanto certos nobelos da actualidade que nos rodea. No entanto, si que quixera precisar que, ao meu ver, a orde dos factores pode alterar realmente o produto. Ou traducido: que non resultan ser as rabexadas do cachalote nin tan sequera as, posibles, alteracións psíquicas de Mr. Trump (e familia) as que determinan a política norteamericana actual senón que, máis ben, os tales abalos e devalos deveñen xustamente como consecuencia dos principios que a alimentan. A saber: a doutrina do Destino Manifesto e, en perfecta interrelación coa mesma, a deriva da República Imperial.
Sen dúbida, han de ter Vdes. cumprido coñecemento arredor dunha crenza —xurdida no século XIX e da autoría de John O’Sullivan— segundo a cal os Estados Unidos, considerando a superioridade da etnia anglosaxoa, teñen a misión divina de espallarse, levando alí onde fose os seus valores (supostamente democráticos) e impoñendo, xa que logo, un liderado mundial: iso é, America First.
«Destino Manifesto? Misión divina? Pero se o único que lles interesa a Trump e mais os seus acólitos é espoliaren sen piedade os recursos dos demais países!», obxectarán uns cantos/bastantes, e non lles falta razón na perspectiva. Agora ben: lonxe de conformaren un oxímoron, acontece que ideoloxía e afán de latrocinio veñen confluír, como anel nun dedo, no programa trumpista, oportunamente bendito polos predicadores ad hoc a rezaren pola saúde do mandatario USA. Daquela, non; a contradición, o paradoxo radican noutro lado.
Rexeitar o intervencionismo militar efectuado polos seus antecesores —singularmente, a xeira de Barack Obama, esa «némese negra» que foi quen de atinxir o Nobel da Paz— e, ao mesmo tempo, resituar Norteamérica á fronte do mundo, poñendo couto á expansión chinesa: velaí os dous grandes obxectivos que obsesionan a Donald Trump.
Para conseguilos, tal parece que, en efecto, os seus conselleiros si que leron as consideracións xeoestratéxicas de Robert D. Kaplan: nada de invadir países e de tentar impoñer, sen máis, o modelo (de novo, supostamente «democrático») made in USA: moito mellor fomentar, autocracias benevolentes —poñamos o Marrocos de Mohamed VI— antes de arriscarse en operacións de resultados imprevisibles. E de non quedar outra máis que a intervención directa, nada de acudir ao exército —un «dinosauro» carísimo e ineficaz ao cabo, sempre segundo Kaplan— e si, polo contrario, a operacións cirúrxicas, e curtas, levadas a termo por comandos altamente especializados. En suma, a «operación Venezuela.»
Semella, entón, que fose ese mesmo o plan previsto en Irán. Secasí, ou ben non leron ou, simplemente, desbotaron os trumpistas esoutra advertencia da man doutro Robert: de Robert A. Pape. E é que de seguiren a lección do profesor da Universidade de Chicago, entenderían ben que ningunha guerra pode ser gañada apenas desde o poder aéreo. Pola contra, a táctica da zafra e do martelo —é dicir, a combinación aire/terra— ofrece moitos mellores resultados. O problema, a iso tamén, está en quen, e como, ataca por terra Teherán.
Afeccionado a facer abrollar coellos na súa chistera, o presidente USA vai tentar, claro é e como sexa, calquera novo truco de maxia/rabeleada de cachalote para a galería. Porén, até o gran Harry Houdini foi tropezar ao termo coas fantasmas. «A guerra da fin do mundo» titulamos —con lizenza de Mario Vargas Llosas— a presente crónica. Lonxe de min agoiros ou vaticinios; non obstante, tempo ao tempo, xa veremos se, máis cedo ou máis tarde, non remata por definirse o presente conflicto como o principio desoutra guerra da fin do mundo: é dicir, do mundo soñado por Trump.
Suscríbete para seguir leyendo
- La Xunta lanza un plan para atajar el fraude en las bajas laborales en Galicia, que en total son 70.000 al día y suponen unas pérdidas de 2.200 millones de euros
- La jueza archiva la causa de la botella de agua que quemó a un cliente en un restaurante de Vigo
- La gallega Mobify prepara su desembarco en Vigo: una flota de cien vehículos, modelo 'carsharing' y precios desde 0,29/km
- Dejar un trabajo fijo para dedicarse a la docencia: «Me arrepiento de no haberlo hecho antes»
- La Xunta ampliará el alcance de la ayuda anual de 5.000 euros del Bono Coidado para dependientes a otras 10.000 familias
- China navega en un mundo aparte: pesca 20 toneladas más por cada una que pierde la flota española
- Un accidente múltiple en la AP-9 en Vigo deja seis heridos, uno de ellos grave
- Roberto Verino se abre a un socio industrial a través de la venta de casi el 40% del capital para asegurar el relevo generacional