Opinión
Os iranianos non surfean
Seguro que dentro duns anos alguén terá a ocorrencia de facer un filme sobre a Operación Furia Épica. A última trasnada do Trump(a). De ser así, sen dúbida, haberá un Coronel Kilgore. Algún actor que interprete ao atoleirado militar surfeiro para berrar -nas praias de Irán ou dos Emiratos- aquel icónico «Charli don’t surf» (O Vietcong non surfea), que na versión persa será: «Os iranianos non surfean». Volvín á escena estes días, na reposición do filme Apocalypse Now, coincidindo co pasamento de Robert Duvall, o irreductible Bill Kilgore.
Cada novo repaso ao filme dá para apreciar un matiz diferente. Desta vez reparei na gran empresa que é «liarse a tiros». Hoxe en día que as criptos son o maná, que basta a palabra dun presidente para que o seu valor se dispare (fíxoo Javier Milei promocionando $LIBRA e ás poucas horas caeu en picado atrapando a mile(i)s de inxenuos terraplanistas). Pois a guerra é o mesmo pero na versión clásica. Convence aos teus fans da necesidade de armarse ata os dentes, sacar os tanques de paseo, gastar millonadas en desprazar barcos, avituallar tropas, mandar avións a un país ben lonxe do teu e logo divírtete bombardeándoo.
Apocalypse Now, máis aló da historia, amósanos iso: bidóns de The Dow Chemical Company, o fabricante do «axente laranxa» (un herbicida coñecido pola toxicidade en humanos) e o Napalm, do cal sobran explicacións. Alcol francés e americano: ese brandy Martell que acompaña a Willard desde Saigón até o ascenso polo Mekong e as Budweiser que regan os churrascos na praia. E as coelliñas do Playboy, que non falten, para animar a paixón guerreira. Coca Cola, Marlboro, Ford, Jeep, Shell,... completan ese elenco de secundarios na sombra. Vietnam resultou de gran proveito para a economía americana, só había un «pero»: os 58.000 chavaliños mortos. Aos que sumar os centos de miles que regresaron feridos, trastornados por tanta barbarie. Pero si, eliminando ambas incógnitas, ou minimizándoas, resultou un negocio redondo. E iso mesmo van facer agora en Irán.
Tras dúas semanas con Israel, Arabia, Kuwait, Qatar,... baleirando os seus arsenais agora toca repoñelos, e non se chorarán os cartos pois «unha guerra é unha guerra, e un peso gastouse». Porque ademais da economía en maiúsculas, en época de conflito a industria bélica é un empregador relevante, doante das campañas presidenciais e... «colocador» de políticos, p.ex., Dick Cheney (KBR-Halliburton) ou Donald Rumsfeld (General Dynamics IT). Será por iso tamén que Úrsula insiste tanto en aumentar o presuposto militar europeo? Ela, ministra de Defensa en Alemaña antes de presidir a Comisión Europea, sabe do tema. Vaia olfacto ten para as oportunidades (as súas?). Está no segundo mandato e sen opción a renovar; quererá un sitio na Rheinmetall ou en Krauss-Maffei, destacados fabricantes (alemáns) de armamento.
Suscríbete para seguir leyendo
- Un barco de la viguesa Opnapa recaptura un atún patudo marcado por los científicos hace casi diez años
- El Sergas abre el plazo para que parte de la población del área viguesa elija entre ser atendido en el Chuvi o en Povisa
- Muere Carlos López, jefe de Ginecología del Chuvi y descendiente de Ramón y Cajal
- La Xunta abre plazo para que las familias apunten a sus hijos en los campamentos de verano: tiempos, precios y oferta
- Portugal arranca los trabajos del AVE desde Oporto y coloca la «primera estaca»
- Obramat, líder en material de construcción, abre su gran almacén de 6.000 metros en San Cibrao
- «La oscuridad total será de hasta 30 segundos en el Altar do Sol»
- La Xunta declara 1.307 hectáreas para caza libre con cupos de seis zorros y cinco jabalíes
