Opinión
Ariadna Fernández
Votar o que dis e dicir o que votas
Non é doado asumir que te enganan, sempre pensamos que somos listas abondo coma para evitalo, mais ás veces é tan tan evidente que non se pode esconder e, por dignidade, non podes tragar en silencio e tes que dicir algo ao respecto, amosar alomenos algo de cabreo.
Mais, antes de asumir que che contan trolas, tes que saber que chas están a contar e aí entra a tan desexada información veraz, porque información hai a que se queira, tanta hai que xa existe o termo «infoxicación» para referirse a este torrente de datos que nos asfixian e que non se saben se son certos ou non, que normalmente nos asaltan dende as pantallas. Non é doado neste país acceder á información sen que esta sexa manipulada polo PP, que utiliza a TVG ao seu antollo, onde os venres negros son eternos e os profesionais denuncian reiteradamenrte o uso partidista da canle pública que debera ser plural e de todas e todos, non a leira do partido que goberna a Xunta para tapar os seus caos e facer propaganda barata dentro das casas dos galegos e galegas.
Mais o sol non se pode tapar cun dedo, as mentiras non sempre quedan dentro do salón de plenos dun concello, dunha deputación e dun Parlamento. Ás veces saen fóra e paséanse polas redes sociais, coma pasou coa posición de traizón que o PP tomou no acordo de Mercosur, onde non pensaron no beneficio dos gandeiros e gandeiras do país, malia andar a pasarlle a man polo lombo día si e día tamén.
Votaron contra de nós, dos que andamos atrás das vacas, dos que cargan polos cunha linterna vermella na cabeza ás 3 da mañá, dos abelleiros que loitan contra a velutina sós, dos que habitamos o rural. Escoitar a deputados, concelleiros e responsables de medio rural defender o Mercosur non foi máis que outro exemplo do que o PP fai co sector agrogandeiro do país, unha dentada mais ás nosas posibilidades de subsistir dignamente, un pau mais ás nosas posibilidades de mellora, unha trola máis dentro das institucións que logo contradín nas tractoradas. Outra burla, esta sen disimulo, que agora queren remendar cunhas cláusulas de salvagarda que non son capaces de facer cumprir porque non son quen sequera de que non produzamos a perdas, saltando a lei de cadea alimentaria.
Non é doado votar o que dis, pero é máis difícil aínda dicir o que votas.
- Una madre con una hija de 10 años en O Porriño: «Llegué del trabajo y vimos que ya no teníamos casa»
- La flota gallega inicia la campaña en Malvinas tras los buenos datos científicos del calamar: «Estamos volviendo a la normalidad»
- El nuevo centro de salud Olimpia Valencia de Vigo abre sus puertas a medio gas: «No sabemos cuándo podremos pedir cita»
- El Celta pierde a Miguel Román por lesión para lo que resta de temporada
- Carvajal sale en defensa de sus aplausos a Iago Aspas: «Ese gesto significa respeto a una leyenda de nuestra liga»
- Louzán admite que Vigo «está a las puertas» de ser sede del Mundial, pero omite la reforma de Tribuna
- Final feliz a cuatro días en altura
- El Gobierno gallego aprueba el nuevo decreto de FP que incluye a profesionales en activo y prejubilados como docentes