Opinión
Xosé luna
Amador Areán Lalín
O seu nome defíneo perfectamente, Amador, o que ama. Leva a súa benquerida vila de Lalín na lapela do corazón e no seu apelido, Amador Areán Lalín. Un home honesto, humilde e sinxelo. Unha boa persoa, no sentido machadiano do término, así o acredita o noso bo amigo Manolo Villar.
Dende hai tres anos pasea, entre nós, baixo o Sol (e baixo a chuvia) da Estrada da vida. Segue aos seus setenta e cinco anos, co ollar do neno de Donramiro a descubrir emocionado o uni(verso). Gusta de tomar un café de palabras coas amigas e cos amigos que son moitos. Logo saca da mochila o seu caderno e con perfecta caligrafía escribe as súas vivencias (as súas cousiñas), do pasado e do día a día na residencia, onde é un auténtico dinamizador social, ou na vida veciñal da vila.
Dos seus pais, Manuel e Delia, herdou o maior tesouro do mundo, a bondade. a única cualidade (a única), teño para min, que fai a un ser humano superior a outro. Do seu pai ademais, herdou o amor á música, percusionista dende os cinco anos, «neno cárgalle ao bombo!», dicíalle sempre. E, claro, o neno pasou a vida enteira cargándolle ao bombo, na Banda de Lalín, na mítica Orquestra Caracas fundada polo bo saxofonista Julio González e na orquestra Radio de Vigo dirixida por Antonio Moreira con quen principiaría, logo de facer un curso de capidermista e esteticista a súa profesión de perruqueiro na súa vila natal, primeiro nun local da Rúa da Ponte e logo na Calvo Garra.
Fala con infindo orgullo da súa famila e os seus ollos chispean emocionados ao lembrar a Sofía, a súa muller, o amor da súa vida… «Na alma se me clavou/ a raís do teu querer/ mentres no mundo vivire,/ outro amor non hei ter».
En fin, aínda que el nunca o buscou, xa o ten acadado dende hai moito tempo. Amador ten o respecto, admiración e agarimo de todos os que temos a fortuna de tratalo na estrada da Vida. Mil parabéns, amigo!
- Una viguesa denuncia a su hija por okupar su piso que tiene en condiciones insalubres: su hijo la sacó de ahí «por su salud»
- Gaiarooms compra el Hotel Ipanema y lo transformará en el primer «alojamiento digitalizado» de Vigo
- De escapista a solidario: Pinki, el perro gallego que se hizo viral por plantarse en la plaza del pueblo
- Muere un trabajador tras caer desde una escalera en Mos
- «Cuando un niño te abraza y llora porque te vas, no hay palabras para describirlo»
- La otra represalia de EE UU contra España: el adiós al caladero de Boston para 70 pesqueros gallegos
- Una jueza de Vigo avala que las comunidades de propietarios prohíban las mascotas
- EE UU se afianza como el gran vendedor de petróleo y gas a Galicia con una factura de 1.200 millones, a costa de México, Libia y Rusia