Opinión
Sempre en Vigo
Cando un pasea por Londres, entre Regent Street e Savile Row, atópase de repente cunha placa que reza «Vigo Street». Sempre sentín unha profunda emoción ao lela. Creo que Vigo é o Manhattan da miña infancia, a grande cidade con todos os seus atractivos. Conta Wooddy Allen en «About Nothing», que na súa adolescencia a súa maior ilusión era atravesar a ponte, dende Brooklyn onde vivía, para camiñar por Manhattan, a cidade onde todo era posible.Para un mozo coma min, de Ourense, Vigo era exactamente iso, a grande cidade onde brillaba o comercio, a industria, a cultura e a vida. Sen rañaceos, como Manhattan, pero con todos os seus atractivos.
O modelo de Estado plural que a Constitución establece, ao recoñecer o dereito á autonomía das nacionalidades e rexións, dúas entidades que a propia Constitución diferencia expresamente Un recoñecemento que converte en inconstitucionais os sistemas políticos centralizados e unitarios, ao estilo francés, que algúns reclaman. Non é que se trate dun modelo de organización do Estado mellor ou peor, simplemente non é o que a nosa Constitución establece, e polo tanto é inconstitucional. Porque, como proclama no seu Preámbulo, a Constitución de 1978 non só protexe a toda a cidadanía no exercicio dos seus dereitos humanos, senón que tamén tutela a todos os pobos de España (en plural) nas súas culturas e nas súas tradicións, nas súas linguas e nas súas institucións, recoñecendo e garantindo as súas diferenzas froito natural da nosa historia.
Galicia é unha desas nacionalidades históricas que a Constitución recoñece. Coa súa lingua, a súa cultura, as súas tradicións e as súas institucións diferenciadas, garantidas pola nosa Constitución no seu Preámbulo. Unha Constitución que, máis que modificarse, precisa interpretarse e aplicarse en toda a súa plenitude, desenvolvendo as súas potencialidades, que son moitas. Tanto no ámbito da consolidación dun Estado de Dereito que asegure o imperio da lei como expresión da vontade popular, como no ámbito do establecemento dunha sociedade democrática avanzada, ou no de desenvolver un modelo orixinal propio de Estado autonómico, plural e asimétrico, que non ten nada que envexar na súa potencialidade ben entendida, aos sistemas federais máis avanzados.
Dicía o poeta que non temos outra patria máis cá nosa propia infancia. A miña infancia foi galega, e por iso eu sentireime aquí sempre na miña terra. Non coñezo contorna natural máis fermosa que a das Rías Baixas, nin catedral como a de Santiago, murallas como as de Lugo, paisaxe como a da Ribeira Sacra ou praia como a de Rodas. E creo que ninguén pode gozar dun pracer estético máis intenso que o que se produce ao contemplar o solpor no Atlántico, singularmente na bocana das rías, entre Ons e as Illas Cíes.
Pero Galicia non é só beleza, senón tamén solidez e fortaleza. Firmemente ancorada no Atlántico e en Europa, reconciliada coa súa lingua, segura da súa identidade histórica e cultural, que vive con serenidade e sen a conflitividade doutros territorios, Galicia é capaz de achegar, dende a lexítima pluralidade ideolóxica das persoas que a habitan, o mellor de si mesma para contribuír ao desenvolvemento da democracia avanzada que estamos a construír en común en España.
E en Galicia, Vigo salienta como a cidade populosa, puxante, industrial e laboriosa. Vigo sempre tivo todo, comercio, industria, o principal porto pesqueiro de Europa, cultura e medios de comunicación propios, como é o decano da prensa española, o Faro de Vigo. Pero durante varias décadas sempre me pareceu que lle faltaba algo. Como diría Pirandello, Vigo era unha cidade en busca de alcalde. E por fin o atopou. Un alcalde querido, valorado e admirado por a inmensa maioría de viguesas e vigueses, o máis votado de España. Lembrando a Castelao podemos decir «Sempre en Vigo».
Suscríbete para seguir leyendo
- El enredo judicial en torno a la cúpula acristalada del Celta
- De aldea vaciada a destino internacional: el proyecto en el rural de Ourense de Jonathan y Adrián
- El Gobierno de Portugal aplica una rebaja «extraordinaria» de los impuestos a la gasolina por la guerra en Oriente Medio
- El otro milagro de Madonna con el Celta: «Hola Borja Iglesias, quería pedirte un favor; yo soy del Dépor...»
- Una madre con una hija de 10 años en O Porriño: «Llegué del trabajo y vimos que ya no teníamos casa»
- La AP-53 se sitúa entre las autopistas de España que más tráfico ganó en 2025
- El tiempo da un vuelco en Galicia: lluvia, aire frío y un respiro a mitad de semana en Vigo
- Galicia queda desconectada de Valencia en avión: tres aerolíneas diferentes cancelan las rutas desde Vigo, Santiago y A Coruña
