Opinión | xxxxxxxxxxxxxxxx
mario vila lópez
O lume non entende de orzamentos
Veciño de Dozón
A resolución das axudas para a prevención de incendios forestais (MR651A) publicada no DOG n° 31 é a acta dun fracaso institucional. Baixo a fría linguaxe administrativa do «esgotamento de crédito», a Consellería do Medio Rural admite que deixa sen protección a decenas de montes veciñais. O sistema de concorrencia competitiva trata a seguridade pública como un concurso de méritos: se non tes puntos abondo, o teu monte queda fóra.
Pero o lume non sabe de baremos. Unha rozadura non executada por falta de fondos nunha parroquia é o combustible que alimentará o incendio na lindeira que si tivo axuda. Esta política crea un mapa de «parches», un territorio fracturado onde a prevención é un privilexio e non un dereito. Mentres se destinan millóns á extinción espectacular —avións e videovixiancia en pleno agosto—, escatímase no mantemento invernal, que é onde realmente se gaña a batalla.
Denegar proxectos técnicos válidos simplemente porque «acabaron os cartos» é unha falta de respecto ao esforzo das comunidades rurais e un exercicio de cinismo político. Estamos financiando as lapas do futuro. A prevención debe ser unha estratexia integral e non un sorteo burocrático. Se Galiza quere deixar de arder, a protección do monte non pode depender de se sobra ou non algo de diñeiro nun caixón de San Caetano. Xogan co lume, e sairemos queimados.
- El enredo judicial en torno a la cúpula acristalada del Celta
- De aldea vaciada a destino internacional: el proyecto en el rural de Ourense de Jonathan y Adrián
- El Gobierno de Portugal aplica una rebaja «extraordinaria» de los impuestos a la gasolina por la guerra en Oriente Medio
- El otro milagro de Madonna con el Celta: «Hola Borja Iglesias, quería pedirte un favor; yo soy del Dépor...»
- Una madre con una hija de 10 años en O Porriño: «Llegué del trabajo y vimos que ya no teníamos casa»
- La AP-53 se sitúa entre las autopistas de España que más tráfico ganó en 2025
- El tiempo da un vuelco en Galicia: lluvia, aire frío y un respiro a mitad de semana en Vigo
- Galicia queda desconectada de Valencia en avión: tres aerolíneas diferentes cancelan las rutas desde Vigo, Santiago y A Coruña