Opinión
Amelia Pérez / Montserrat Carrera
«Continuaremos xuntos na loita»

Xesús Alonso Montero (d.) durante el congreso del PCG celebrado en Vigo en octubre de 2014 / Marta G. Brea
Xesús Alonso Montero non cría en Deus, cría en Carlos Marx, e ao filósofo alemán pedímoslle, hai só uns meses no prólogo do seu último libro, que lle dese máis tempo para emocionarnos co súa compañía, co seu compromiso, coas súas palabras. E así o fixo ata o último día. Onte, as Comisións Obreiras de Galicia ficamos orfas da súa solidariedade e do seu compañeirismo, pero quedamos cheas da súa esperanza, que segue viva porque é a mesma esperanza compartida por milleiros de persoas en todo o país, por millóns de mulleres e de homes en todo mundo.
Con Alonso Montero marcha unha figura indiscutible do panorama cultural e lingüístico galego; marcha aquel mozo que se comprometeu co idioma; marcha o filólogo da lingua dos pobres, como lle adoitaban dicir nalgún tempo; marcha un militante comunista represaliado varias veces durante a ditadura; marcha un home que loitou para recuperar a democracia e para manter viva a memoria das vítimas da barbarie franquista. Con Xesús vaise un dos bos e xenerosos, un marabilloso compañeiro sempre disposto a poñer a súa intelixencia ao servizo dos máis febles.

Xesús Alonso Montero na homenaxe que lle fixeron no IES Santa Irene o pasado mes de outubro / Alba Villar
Xesús era a personificación da simbiose entre o mundo do traballo e o da cultura. Unha simbiose que sempre defendemos nas CCOO e da que, moito antes ca nós, xa falaron outras figuras da nosa historia, pero dun xeito máis poético. Foi o caso de Lorca: «Si tuviera hambre y estuviera desvalido en la calle no pediría un pan; sino que pediría medio pan y un libro».
De todas as facetas de Xesús, quedariamos coa de mestre. Ese mestre que desperta as mentes dos seus alumnos e alumnas como facía o profesor Keating no Clube dos poetas mortos. Ou tamén como ese entrañable, paciente e sabio mestre da Lingua das bolboretas que fomentaba a curiosidade de Gorrión, o seu amor pola natureza e a liberdade. Os e as que o seguíamos eramos os seus gorrións.
O seu legado perdurará na súa extensa obra e tamén na memoria de toda a xente que o escoitou nalgunha das súas intervencións públicas. As que tivemos a sorte de compartir con el espazos e conversas, ademais, levamos connosco a lembranza do seu entusiasmo e da súa xenerosidade. Coas armas da palabra e do coñecemento que nos transmitiu continuaremos xuntos na loita. Ata sempre, mestre Montero.
*Amelia Pérez Álvarez, secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e Montserrat Carrera Leirós, secretaria xeral da Unión Comarcal de Vigo
- Varios heridos y destrozos en el Twenty de Vigo en una pelea entre ultras del Celta y el Lyon
- Sorprendidos manteniendo relaciones sexuales dentro de un coche en el aparcamiento de un supermercado de Redondela
- La hélice del crucero «Spirit of Discovery» quedó al aire frente a la costa gallega: hubo un fallecido y más de 100 heridos
- Unos padres de Ponteareas ceden la representación legal de su hija con discapacidad a sus hermanos por falta de «competencias digitales»
- Locales de hostelería de Vigo ya exigen consumición mínima a los clientes para poder sentarse y limitan el número de carritos de bebé
- Las huelgas y el cambio de pacientes de Povisa lastran las listas de espera del Chuvi
- Cortes de tráfico en Vigo: el Celta - Lyon y la llegada de aficionados franceses alterarán la circulación
- Inhabilitado y condenado al pago de 913.000 euros un empresario de Vigo por llevar una fabricante de maquinaria a la quiebra