Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Opinión | Segunda Feira

FARO e Cultura

Sae á luz o número 1.000 do suplemento FARO DA CULTURA, que cumpre tamén 24 anos. No ano 2002, ao noso recordado amigo Ceferino de Blas en función de conselleiro delegado correspondeulle a iniciativa da creación deste novo suplemento. O apoio favorable e intelectual de Xosé Ramón Pena, colaborador do periódico, foi evidente, nunha consolidación do que funcionaba como FARO DAS LETRAS, baixo a dirección do propio Pena. Para Ceferino o cambio consistiría en aumentar a ambición intelectual e a modernidade do deseño gráfico, entre outros aspectos. Todo isto soubémolo os que xa andabamos por este xornal naquelas datas.

Era preciso un director ou responsable do novo suplemento e a empresa reclamou a Xosé Ramón Pena quen aceptou contando sempre co apoio de Ceferino de Blas. Xosé Ramón Pena, ao tempo, era catedrático de galego no instituto no Santa Irene de Vigo, profesor visitante en varias universidades estranxeiras e, ademais, era un escritor cunha importante importante obra narrativa como «O reverso do espello» ou «Para despois do adeus» ( Premio Xerais, 1987), «A era de Acuario» ou «A batalla do paraíso triste» entre outras. Pena tamén proseguiu imparable a súa traxectoria como crítico literario e historiador da literatura. Na súa produción figuran ensaios, edicións críticas, investigacións e estudos sobre temas particulares que van desde as orixes do noso romance aos días de hoxe. E son da súa autoría obras tan fundamentais como «Literatura Galega Medieval» (Sotelo Blanco Edicións, Santiago, 1990) e a «Historia da Literatura Galega» (Edicións Xerais, Vigo, 2013), seis volumes en total que percorren o discurso da nosa Idade Media ata os tempos contemporáneos. A súa columna semanal «De bolina», no FARO DE VIGO, mantén unha ponte de actualidade cos lectores, e baixo a súa dirección o FARO DA CULTURA converteuse en imprescindible. Longa vida.

Suscríbete para seguir leyendo

Tracking Pixel Contents