Opinión | Escritor estradense
Xosé Luna
Como ese raio de luz...
Sobre «Non son modos» de José Luís Graña Muíño
Teño para min que a vida é (como ese raio de luz) un doce repenique. O ben máis prezado. O maior tesouro herdado. Un papaventos de mil cores marabillosas que pasea con garbo polos avatares do universo pendurado dun fráxil nobelo. Se racha o fío, sabémolo ben, acabouse o xogo.
A peza teatral que veño de ler de corrido Non son modos (Medulia, 2025) de José Luís Graña Muíño convídanos precisamente a reflexionar, a cavilar sobre como (de que modo) percorremos o camiño na vida.
A obra, ambientada na terraza interior dunha casa, que dá a un espazo axardinado, está estruturada en dezasete pasos, con só catro pesonaxes que manteñen un ritmo realmente vibrante, con diálogos que firen como o gume dunha navalla e que non están exentos dese humorismo (made in Graña) ao que xa nos ten acostumado o autor. E tampouco está exenta doutras dúas características da súa escrita de ficción, presentes dende a súa novela (ópera prima) Converxencia na cor vermella, a sorpresa e o suspense.
Estamos diante dunha historia, estou certo, que non vai deixar indiferente a ninguén. Unha peza dramática que é quen de manternos en vilo e de removernos as entrañas. O machismo, o cancro, o alzheimer, conforman os vértices do triángulo semántico onde se desenvolve a trama; unha trama (e vólveo a conseguir o dramaturgo) que atrapa ao lector (espectador) desde o primeiro paso.
E non vou seguir co fío argumental para non facer espóiler. Tan só engadir que tal vez o quid da cuestión estea nese dito de John Lennon cando afirmaba algo así como que a vida é aquilo que pasa mentres te empeñas en facer outros plans. Eu engadiría que a vida, cadaquén a súa, é imprescindible vivila como ese raio de luz que entra pola fiestra ao amañecer e se pousa morniño sobre nós (léase, vivila con amor). Doutro xeito é posible vivila, sen dúbida, pero como maxistralmente titulou José Luís Graña Muíño, Non son modos. n
- Muere el periodista vigués Fernando Franco, el gran cronista de la sociedad olívica: «Se nos va una leyenda»
- La «plaga» de pulpo persiste en el sur de Inglaterra: más de 400 toneladas en solo dos meses, un 450% más que el año pasado
- Stellantis da un nuevo paso en su freno al eléctrico: lanza un motor a combustión turbo para el Peugeot 2008 vigués
- La viguesa Marta Pardo, primera mujer en el TOP 10 mundial de Global Gurus, destaca en liderazgo y gestión
- La «despensa de la aldea» se encoge en Galicia: la huerta ya solo ahorra la cesta de la compra en uno de cada cuatro hogares
- El Concello de Vigo intensifica la intervención para ampliar la playa de Samil: la duna de Argazada creció más de un metro en cuatro años
- Jóvenes que escapan del alquiler en Vigo y se hacen propietarios: «Todo son precios desorbitados sin sentido»
- La Sareb, como acreedora de la deuda, se queda con los chalés de A Regueira