Opinión

Numerario da Real Academia Galega
Películas académicas (II)
Mentres que a vida da Real Academia Española (RAE) transcorreu sen grandes sobresaltos protexida polo poder real que a fundou, a Real Academia Galega (RAG), sufragada por emigrantes galegos en Cuba, viuse zarandeada desde os seus difíciles comezos porque á institución chegarán os ecos de todas as tensións intelectuais que se xeraron ao longo da súa historia.
Xa na etapa que podemos denominar rexionalista, que se desenvolve desde a súa fundación ata a morte de Murguía (1906-1923), a institución, que é vista como apéndice dun movemento político, sufrirá todo tipo de descualificacións co obxectivo de deslixitimar os seus alicerces nacionalistas, nomeadamente o celtismo e a cultura popular.
De aquí a importancia que cobra facer a historia das institucións malia que estas, a medida que se oficializan e ganan poder, adoitan protexerse da crítica e das actitudes disidentes con cláusulas restrictivas non sempre democráticas na procura de facer prevalecer e defender o seu propio discurso.
Cumpre analizar estes debates, moitas veces reducidos a simples anécdotas, porque ocultan case sempre tensión sociais que trascenden o campo das institucións que os protagonizan. Así por exemplo as «películas académicas» que protagoniza o Sr. Riguera Montero non obedecen exclusivamente ás súas xenreiras persoais xa que teñen un compoñente socio-cultural ideolóxico: a finais do século XIX e principios do XX comeza a debuxarse no horizonte o poder dominante da universidade para establecer quen sabe y quen non sabe; e, por conseguinte, quen sobe y quen non sobe. Riguera Montero alegaba entre as súas credenciais un doutorado pola Universidade de Montevideo fronte do saber autodidacta, carente de titulación, dos rexionalistas galegos fundadores da RAG.
Son, en definitiva, dous conceptos de cultura: mentres que o concepto clásico e ilustrado de cultura é elitista e xerarquizado, o concepto tradicional defendido polo romanticismo exalta a cultura popular e proclama o carácter igualitario de todas as culturas.
Por suposto, seguindo o fío narrativo das películas académicas temos que advertir que o significado do substantivo «película» está inevitablemente mediatizado pola unión que se estableceu entre comedia e cine no momento fundacional deste último. Toda a etapa dos hermanos Lumière (El regador regado, 1895), e as posteriores figuras de Chaplin, Buster Keaton e Harold LLoyd non fixeron máis que afirmar a comedia como xénero dominante e popular.
E así era, xa que logo, a intención de Riguera Montero cando reuniu os seus artigos difamatorios baixo o título de Películas académicas (1908) coa intención de burlarse da ignorancia dos fundadores da RAG. A historia posterior da institución xa centenaria encargouse de desmentir as mofas iradas do ínclito Ramón Erotiguer; non obstante a RAG protagonizará ao longo da súa vida unha serie de «películas» nas que o xénero fílmico de comedia se diversifica e así poderemos observar comedias do absurdo, de enredo, satíricas, negras ou costumistas.
Así, por exemplo, nada máis absurdo, aparentemente, que unha institución que nace con vocación normativa e protectora cara o idioma galego non o empregue na súa vida oficial ata a década de 1970 na que aparecerá, por primeira vez, unha acta en galego despois de case 70 anos.
Non faltaron admonicións dende a Protectora que, despois de decidir facer as súas propias actas en galego, reclama en 1916 que tamén o faga (discursos, convites, actas e cartas) a RAG que desde Cuba protexen e subvencionan os galegos da emigración. Nin coa chegada do espírito das Irmandades da Fala á RAG -Risco e Otero Pedrayo- nin coa posterior entrada da sensibilidade nacionalista na institución -Vilar Ponte e Castelao-foi posible corrixir esta anomalía.
E non axudou tampouco o feito de que a institución estivese permanentemente gobernada polo núcleo coruñés en exclusiva. Os restantes numerarios delegaban o voto como documentan as actas conservadas, que non son todas.
Despois da morte de Murguía sucedéronse as «películas» no seo da RAG: represión franquista e nomeamento de Franco como presidente de honra («comedia negra» cun evidente paralelismo co pretendido premio Nobel da Paz para Trump), entrega das atribucións normativas a unha institución allea («comedia do absurdo») e, en fin, desembarco masivo da USC na RAG converténdoa no camarote dos irmáns Marx («comedia costumista»); sen esquecer a «comedia de enredo» da gramática!
Suscríbete para seguir leyendo
- Álex Calvo, vigués residente en Dubái: «Lo único que escuchamos son ruidos, como fuegos artificiales»
- Vigo cierra al tráfico Torrecedeira desde y hacia Praza da Industria por la reconstrucción de un pozo
- La RFEF contempla más renuncias de sedes para el Mundial 2030: Vigo y Valencia ganan enteros para estar presentes en la cita
- La científica viguesa Sara Abalde regresa a Galicia con una prestigiosa Consolidator Grant para estudiar la comunicación individual entre células cancerígenas e inmunes
- Una persecución nocturna acaba con un coche policial volcado en un solar en Pontevedra
- El ataque de un perro Shar pei en Vigo suelto y sin bozal deriva en una indemnización de 13.400 euros
- Oportunidad de negocio por 85.000 euros: se vende albergue en el Camino de Santiago
- Siete empresas compiten con Vitrasa por el nuevo contrato del autobús en Vigo de 468 millones de euros: Alsa, Arriva o la lusa Barraqueiro