Opinión | Segunda feira
O Imperio quéreo todo
Por orde do presidente dos EE UU foi detido en Venezuela e conducido a Nova York o seu colega venezolano Nicolás Maduro. Acusado de tráfico de drogas sen fundamento público coñecido, Maduro áchase fechado nunha miserábel ergástula a espera de acontecementos. Parece que, con intención gravemente ofensiva, a súa esposa (e deputada), Cilia Flores, foi tamén presa no acto. Disque a Maduro e ao seu entorno concédeselle o trato debido ao seu rango. Algo semellante ao que tivo que padecer Don García cando viviu e morreu aferrollado en prisións leonesas na Idade Media.
O mundo evoluciona de forma vagamente diferente a como desexaba o capital. Norteamérica, que ven mandando a Terra desde o esfarelamento da URSS e outros socialismos do mundo, entrou en desequilibrio psíquico colectivo. Son moitos os análises que se levan feito sobre o despropósito continuado do discurso de Trump. De feito, el parece non soportar o poder incesantemente renovado de China e a súa proposta, tamén permanente reinventada, de cohexistencia, paz e multilateralismo.
Existen pequenos pero tamén grandes países no mundo que non acatan as ordes de Washington nin do gran Capital Monopolista de Estado. Os choutos espectaculares de Trump, coma os dun becho, soen acompañarse dos de conxéneres que tratan de marcar tendencia no mundo: Musk, Milei e outra xentalla que entra e sae da pista do circo segundo lle manda a voz do seu amo.
E decidiu Trump que todo o petróleo de Venezuela era seu así coma probablemente a natureza do planeta. Bombardea barcos e persoas, incursiona por terra, mar e aire. Desposuíu países enteiros e o está a facer con Venezuela, con audacia descoñecida no pasado. A medida en que Brasil, China, Corea do Norte, Vietnam e outros estados están a coincidir nos BRICS e inflúen na ONU, os EE UU altéranse, e a interxestualidade circense de Trump sería divertida se non supuxese un sinal de perigo para a paz mundial. Nós apoiamos aos bolivarianos galegos nos seus esforzos por salvar Venezuela da descomposición como estado político real.
Suscríbete para seguir leyendo
- Sin tren entre Vigo y Santiago a causa de un hombre subido a la catenaria, en Vilagarcía
- Argentina autoriza la entrada masiva de pesqueros extranjeros por el temporal: flota gallega, a la capa para protegerse
- La factura del jabalí: resembrar una hectárea de maíz cuesta más de 900 euros
- El Celta, un paso más cerca de Europa
- Adrián Senar, CEO de Kreios Space: «En dos años necesitaremos 2.000 o 3.000 metros cuadrados más para empezar a producir»
- Cae parte del techo del parking del Eroski de la avenida Portanet, en Vigo
- Una autovía en pleno Vigo: 'pillado' a 124 km/h en una carretera limitada a 50 km/h
- El Concello de Vigo encarga la primera fase de la ampliación de Tribuna y pide colaboración económica: «No hay excusas»
