Opinión | Voyager

Escritora
O asasinato de Renée Nicole Macklin Good
Ficamos conmocionadas o pasado xoves por unha mensaxe onde a poeta Marta Dacosta informaba do asasinato da poeta e activista norteamericana de trinta e sete anos Renée Nicole Good, a mans dun axente do Servizo de Inmigración e Control de Aduanas dos Estados Unidos (ICE). Renée recibiu varios disparos a queimarroupa no marco dunha operación da ICE en Minnesota. Axiña o escritor galego Antonio Manuel Fraga compartía a través das súas redes sociais a tradución do poema titulado «On Learning to Dissect fetal Pigs» polo que Renée, conforme souben grazas ao comunicado de denuncia e rexeitamento publicado pola Asociación de Escritoras e Escritores en lingua galega, foi recoñecida en 2020 co prestixioso Premio da Academia de Poetas Americanos.
Leo os versos de Reneé en galego mentres na TV pasan imaxes onde centos de persoas protestan en diferentes cidades ante edificios oficiais dos EE UU, manifestando a súa repulsa e esixindo a investigación do sucedido.
«Sobre aprender a diseccionar fetos de porco.
Quero de volta as miñas randeeiras,
os solpores solipsistas,
e os sons da selva costeira que son
tercetos de carricantas e pentámetros
das patas peludas das cascudas.
Doei biblias a tendas de segunda man
(esmagueinas en bolsas de plástico
cunha lámpada de sal ácido do
Himalaia:
as biblias posbautismais, as que
saquei dos recunchos das mans
carnosas dos fanáticos,
as simplificadas, doadas del ler, parasitarias):
Lembro máis o cheiro a goma
esvaradía das ilustracións brillantes
dos libros de texto de bioloxía;
queimábanme os pelos
dentro do nariz,
e o sal e a tinta que me quedaron
pegados nas palmas.
Baixo os recortes de lúa ás dúas e
corenta e cinco da madrugada, estudo
e repito.
Ribosoma
Endoplasmático
—ácido láctico
estame
no IHOP da esquina de Powers e
Stetson Hills—
repetín e esborranchei até que se
abriu camiño e se estancou nun lugar
que xa non podo sinalar, talvez
no meu intestino-
talvez aí, entre o meu páncreas e o
intestino groso, está o insignificante
regato da miña alma.
É a regra coa qe agora reduzo todas
as cousas; de beizos duros e estalados
polo coñecemento que
adoitaba sentar, un pano sobre a fronte febril.
Podo deixalos a ambos en paz?
Esta fe voluble e esta ciencia
Universitaria que me apupa desde
o fondo da aula
agora non podo crer que a Biblia,
o Corán e o Bhagavad Gita me
coloquen o pelo longo detrás da
orella c omo o facía mamá e
exhalen pola boca «facede espazo para a marabilla».
Todo o meu entendemento esvara
Polo queixo até o peito e
Resúmese en:
A vida é simplemente
O óvulo e o espermatozoide
e onde se encontran
e con que frecuencia e como e
ben
e todo morre alí».
Renée, nacida en Colorado, mudárase recentemente a Minnesota. Nunca fora acusada de ningún delito, agás unha multa de tráfico. Describíase a si mesma nas súa conta de Instgram coma “poeta, escritora, esposa e nai”. Deixa tres fillos.
A ICE foi creada en 2003, tras os atentados do 11 de setembro, como parte da Lei de Seguridade Nacional. Coa chegada do segundo mandato de Donald Trump á Casa Blanca, o seu orzamento anual triplicouse, o que permitiu que duplicase o cadro de persoal ata superar os 22000 empregados, entre oficiais de deportación, axentes especiais e persoal administrativo. Na actualidade é unha das axencias máis controvertidas dos EE UU, marcada por un aumento masivo nas deportacións e unha política migratoria realmente estrita. As duras imaxes do asasinato de Renée están filmadas e foron difundidas. No vídeo pode verse como un oficial se achega ao vehículo de Renée, esixíndolle que abra a porta. Ela fai avanzar o vehículo e outro oficial saca a súa arma inmediatamente e empeza a disparar. Trump cualificou á vítima de «axitadora profesional», acusándoa de obstruír o traballo dos axentes, e os funcionarios da súa administración, describírona coma unha terrorista doméstica que intentou atropelar a axentes federais co seu coche. As imaxes difundidas, pola contra, din outra cousa. Mostran violencia policial ata o asasinato. Leo noticias que informan de que a vítima non morreu de xeito inmediato. Que saíu do seu vehículo cuberta de sangue, na procura de axuda, mais conforme á denuncia dunha testemuña que declarou ante a cadea local FOX9, os axentes da ICE impediron que un home que se identificou coma médico puidese auxiliala. Centos de persoas piden xustiza para Renée, mais que é a xustiza ante a dor da morte?
Suscríbete para seguir leyendo
- Bañeras de mármol y piezas de la balaustrada de hace un siglo entre los restos del derribo del antiguo balneario do Outeiro: la Xunta pide a la Policía Autonómica que acuda al inmueble
- El eclipse desde los cielos gallegos: un avión privado desde Suiza a Peinador, dos A400M militares franceses y decenas de avionetas en el interior
- «A Xeitosa» cumple un siglo: cinco generaciones unidas en Vigo alrededor de la casa de Gómez Román
- Muere el músico y diseñador gallego Víctor Coyote a los 68 años de edad en un accidente de bicicleta
- ¿Qué hay detrás de los vertidos fecales que afectan a la ría de Vigo?
- Dispositivo de la Guardia Civil para intentar localizar a Jaime, un vecino de O Hío desaparecido
- Ya está el calendario escolar 2026-2027 en Galicia: fechas de inicio de curso, vacaciones y claves para la conciliación familiar
- Los camiones del Combo Dominicano se atascaron en Trives pero la orquesta tiró de entrega y talento para mantener la gira: «Nos hicisteis disfrutar igual que siempre»