Opinión | Segunda feira
Cara un caos escuro
O seu petróleo é coma un sistema de mares subterráneos que custa traballo imaxinar esgotados. A diversidade doutros recursos naturais fai de Venezuela un dos máis ricos países da terra. É por isto polo que eu non podo evocar facilmente como era a sociedade de Venezuela antes do chavismo: os EE UU afixéranse a roubar en Veneuela compartindo unhas migallas cos autóctonos máis ricos e cos monopolios capitalistas multinacionais. Desde que Chaves desatou o remuíño que, Maduro levou á máxima intensidade coa consigna de «socialismo do século XX», o petróleo é un recurso patrio e de todos. Case coma dixera un día o Sinn Féin para Irlanda. O réxime socialista vixente en Venezuela foi, e é, combatido cos métodos propagandísticos máis sucios, máis astutos e máis caros pola CIA e por todos os tentáculos regulares e irregulares de Norteamértica. Aínda así, o PSV fíxose en cada convocatoria electoral un punto máis forte e seguro nas relacións internacionais. Finalmente, ficou a figura de Corina Machado como a imaxe da contrarrevolución. Preparáronlle unha evasión de película e non tiveron vergonza de concederlle o Premio Nobel da Paz á xefa da oposición que suplicaba aos EE UU que invadisen militarmente a súa patria. E foron servís, as ultradereitas de Noruega. Así vemos o Nobel na cabeza de Corina Machado coma se descansase na cabeza de Trump. Inmediatamente, o presidente americano despregou no Caribe unha escuadra tipo «terror dos mares» formada por un portavións («o maior do mundo»), coma todos, e unha frota de destroyers e minadores. Esta armada expedicionaria estivo matando tripulantes de canto barco pequeno se lle cruzou no camiño e puidese ser (segundo declaración de parte) portador de drogas. Fundíronse barcos e morreron homes nestes días pasados. O dereito de xentes foi suspendido en augas do Atlántico caribeño. Non desembarcaron en Venezuela pero si roubaron un petroleiro que saíra de porto a facer unha entrega do seu armador. En todo caso os ultradereitistas de Noruega levaron a cabo a deconstrución do Premio Nobel da Paz. E o Mundo vai caendo, por porcións, no caos escuro dunha trapallada colosal.
- Sin tren entre Vigo y Santiago a causa de un hombre subido a la catenaria, en Vilagarcía
- Argentina autoriza la entrada masiva de pesqueros extranjeros por el temporal: flota gallega, a la capa para protegerse
- La factura del jabalí: resembrar una hectárea de maíz cuesta más de 900 euros
- El Celta, un paso más cerca de Europa
- Adrián Senar, CEO de Kreios Space: «En dos años necesitaremos 2.000 o 3.000 metros cuadrados más para empezar a producir»
- Cae parte del techo del parking del Eroski de la avenida Portanet, en Vigo
- Una autovía en pleno Vigo: 'pillado' a 124 km/h en una carretera limitada a 50 km/h
- El Concello de Vigo encarga la primera fase de la ampliación de Tribuna y pide colaboración económica: «No hay excusas»
