Opinión | Segunda feira
«Caudillo de España por la gracia de Dios»
Franco foi autor dunha novela, «Raza», que podería proporcionarnos algunhas claves interpretativas dos seus soños de grandeza. «Raza» foi publicada en 1942 baixo o pseudónimo aristocratizante de Jaime de Andrade. Conta a historia dunha familia que, sendo galega, fidalga e residente nun pazo leva o apelido vasco Churruca. Evidentemente, Franco trata de relacionar os personaxes co almirante Churruca, heroi de Trafalgar e vasco-español e a maior parte dos varóns da familia serán militares. O pai, morre en Santiago de Cuba na guerra contra os EE UU. Logo ocupa o protagonismo do romance o fillo máis vello, José, que se parece máis e máis á persoa real de Francisco Franco Bahamonde. José Churruca cae preso no cuartel de la Montaña. Condenado a morte, sálvase e evádese da cadea grazas ás maquinacións de Marisol, a perfecta «noiva de guerra» para acabar entrando en Madrid cos vencedores da chamada «Cruxada». Pola súa proximidade ao carlismo, José cultivaba un vasquismo emocional baseado nun vasco-iberismo que facía de Euskalerria unha especie de reduto inmortal da España eterna. Curiosamente, cando Franco creou o seu partido unindo Falange Española coas JONS chamoulle ao conxunto Tradicionalismo. Outro irmán de José, Pedro Churruca, seméllase bastante á figura de Ramón Franco, o aviador «Dro» galego, ídolo das multitudes republicanas. Pedro, na ficción, entra en crise ao mirar os seus correlixionarios vermellos cometer actos de violencia no Madrid da guerra civil. Fóra xa da novela, para Franco foi moi importante que Barrié de la Maza encabezara a iniciativa de comprarlle a Blancanieves, filla de Emilia Pardo Bazán, as Torres de Meirás. El aceptou o presente ilegal e cubriu, en troques, Barrié de concesións e privilexios. Franco viviu, coma os Churruca, nun pazo e nel celebráronse consellos de ministros e asináronse documentos importantes. E todo combinado cun novo escenario no que Franco deu en representar o papel de yatchman moi ben imitado de Lord Mountbatten ou afectando o fidalgo da Ulla, con cana e katiuskas facendo coma se fose en plan Izaac Walton tras da troita polo Xirimbao que hoxe quere enmerdar Altri. Finalmente, Franco bateu moeda coa lenda CAUDILLO DE ESPAÑA POR LA GRACIA DE DIOS, o que o colocou no cumio da desvergoña histórica.
- El ministerio niega la entrada a puerto al buque arrastrero «Novaya Zemlya»
- Calamar, pota, potón: ¿Quién pesca el qué, dónde y en qué condiciones?
- Mueren una mujer de 51 años en un accidente de tráfico en Muíños y su marido tras recibir la noticia
- Una odontóloga venezolana y su marido ingeniero hacen cola en el comedor social de Vigo al no poder convalidar sus títulos
- Galicia, entre las comunidades que permiten a más alumnos de ESO graduarse con asignaturas no superadas
- El doctor Pintado Albo, el ginecólogo que trajo al mundo a miles de vigueses y al primer 'in vitro'
- Un taxista de Vigo acepta dos años de cárcel por agresión sexual a una clienta
- Quiebra la excontrata gallega de centros logísticos de grupo Inditex
