Opinión | Sección
Xosé Merafirma
Marta tiene un marcapasos que le anima el corazón
Convén que a xente do común coñezamos que temos un instrumento básico de planificación forestal estratéxica para o deseño da política forestal galega, chamóuselle : Plan Forestal de Galicia, Cara á neutralidade carbónica 2021-2040, aprobado co apoio da maioría dos grupos de interese na cuestión e sen ningún voto en contra no Parlamento de Galicia.
É o plan director que establece o modelo de gobernanza da política forestal de Galicia. Un país con dous millóns de hectáreas forestais, dos tercios do territorio, 450.000 propietarios forestais, 3.100 comunidades de montes que suman mais de 665.000 hectáreas e outro 1,4 millóns en mans de particulares danos unha aproximación á importancia da relevancia do Plan Forestal de Galicia como elemento reitor da xestión do territorio do país. Un plan baseado en varios eixos que transitan polo cambio climático, a desertificación, o marco europeo de estratexia da biodiversidade, a productividade ou as tres perspectivas básicas do ecosistema forestal: ambiental, económica e social.
Xa rematando 2025, e como se indica no propio plan, toca revisar certos indicadores de seguimento: agrupacións forestais, incendios, sanidade vexetal, volume de cortas... de feito contempla a obriga de informar bianualmente da evolución ao Consello Forestal e ao Parlamento de Galicia.
Hai poucos días, fixéronse públicos os datos do inventario forestal continuo de Galicia corrrespondentes ao ano 2024. O Plan Forestal de Galicia marca un obxectivo de aumento da producción de eucalipto nas superficies existentes e ao mesmo tempo fixa unha reducción de ocupación da súa superficie nun 5% ao final do periodo de vigor do plan, no 2040, si ben fixa superficies máximas por quinquenio. Para o primeiro quinquenio 2021-2025 fixa un incremento máximo do 3%. O inventario forestal acaba de comunicar unha ocupación de superficie de case 440.000 hectáreas, un 6% más con respecto a 2022, duplicando a porcentaxe máxima de incremento que marca o plan para o presente quinquenio.
Temos enriba da mesa unha tesitura relevante na xestión do territorio, por unha banda duplícase o incremento máximo da superficie permitida no Plan Forestal e por outra banda habilítanse medidas de flexiblidade para plantacións de eucalipto en novas superficies, ambas as dúas non baten certo.
Cómpre promover e mellorar a resilencia do ecosistema forestal e a súa biodiversidade, cultivar o ecosistema de transformación monte-industria que xenera valor engadido aquí na nosa terra, empresas de servizos forestais, viveiros, aserradeiros, fabricantes de tableiro/madeira técnica, carpinterías industrializadas, construcción con madeira... e a súa vez que este valor revirta tamén no propietario forestal que é o primeiro chanzo de toda a cadea de valor.
O Plan Forestal, aprobado no seu día con ampla maioría no Parlamento, é sen dúbida o marcapasos da política forestal do país, a pregunta é se é quen de alegrarlle o corazón a Marta.
- El buque «Novaya Zemlya» descargará en Cuba tras el veto a hacerlo en España
- «Tuve que renunciar a mucho y adaptar mi vida para conseguir ser jueza»
- El emblemático Hotel Bahía de Vigo renueva su imagen: adiós a los azulejos azules y más de 5,4 millones de inversión
- El ourensano Diego Fuentes, futuro 'copadre': «Pensé que no tenía por qué ser peor que otro sistema porque al final se trata de conocer a alguien con quien establezcas una afinidad»
- ¿Por qué conviven vecinos y huéspedes en el Hotel Bahía de Vigo?
- Villa Elisa ya es propiedad municipal
- Punto y final a la burla de Cerdedo
- Quiebra la excontrata gallega de centros logísticos de grupo Inditex