Opinión | Segunda feira
De Borrell a Venezuela
Días atrás andou Josep Borrell por Ourense. Segundo lin e ouvín, o ex alto representante da UE para Asuntos Exteriores fixo unha ponencia no Foro de La Región sobre integración europea. Como tantos outros, falou do espazo da Unión Europea como a única e verdadeira «Europa». Borrell considera que o Estado español, no proceso de «integración europea», non executa un movemento militarista. No seu discurso non existe ningunha outra posibilidade de participar na súa «Europa» que non sexa aumentando o gasto armamentístico. Vistas as circunstancias, sería imposíbel outro sitio que non sexa os EE UU que poida ou deba venderlle munición e armamento ao Estado español. Porparte, o ex-comisionado pensa en China como no máis perigoso país do mundo para a «civilización europea». En realidade do que está a falar Borrell nesa e noutras partes da súa intervención é de xeopolítica e dos BRICS e máis dos acordos que está a tomar este grupo de carácter multilateralista. A presenza nos BRICS de China, Rusia e a India é un indicador do que alí se concentra. Cuba, Vietnam ou Brasil confirman o carácter da organización. Non sabemos como, pero, segundo Borrell, requírese un verdadeiro esforzo de conciliación co estilo político imperialista de Trump como presidente do primeiro estado capitalista do mundo. Pero un intercambio con EE UU neste marco reclamaría unha mudanza profunda nunha das partes, o cal a fai imposíbel. A tendencia norteamericana a eternizar os avances no modelo de 1898, sería un exemplo de tal imposibilidade. En Venezuela, por tanto, poden ocorrer cousas moi graves. Unha guerra de ocupación que se converta nun segundo Vietnam; outra, que os EE UU reciban un rexeitamento na ONU que devolva o país norteamericano aos días do «espléndido isolacionismo». En todo caso, o multilateralismo pode ser unha aspiración en todo o planeta. Importa pouco se concertamos ou non concertamos ou de qué discutimos sobre que dixo Josep Borrell en Ourense. Importa transformar a realidade en beneficio de todos e de todas.
Suscríbete para seguir leyendo
- Beatriz Fernández (27 años): «Tuve que renunciar a mucho y adaptar mi vida para conseguir ser jueza»
- Un ciclón llega a Vigo: vientos de más de 80 kilómetros por hora, lluvias fuertes y olas de hasta seis metros
- Retenciones en Vigo: varios autobuses de turistas portugueses complican el tránsito en Beiramar
- Estas son las tiendas y centros comerciales de Vigo que abren hoy, lunes 8 de diciembre
- El buque «Novaya Zemlya» descargará en Cuba tras el veto a hacerlo en España
- Vigo sella el contrato que le permitirá ejecutar su plan masivo de «humanizaciones» en 300 calles de la ciudad
- Vecinos denuncian la conversión de una discoteca en after hours
- El Concello de Vigo desembolsa ya casi 1.000 euros por vecino para sostener los servicios públicos
