Opinión
Guieiro
Fomos testigos involuntarios en máis dunha ocasión da lexítima preocupación de certos medios oficiais polo relato do exilio bonaerense de Castelao (1940-1950), que se reproduce ciclicamente malia que non se renoven sustancialmente os argumentos do debate. Semella que certas persoas se remexen como as ameixas cada vez que se lles bota limón, tal como apuntaba Cebreiro no ano 1922 nunha carta dirixida a Manoel Antonio, que o instaba a facer un manifesto aínda nonato que se acabou chamando Máis alá!. Nesta ocasión o limón provocador é o oficialmente proclamado Ano Castelao con ocasión do 75º aniversario do seu pasamento. O guión do discurso está predeterminado: comeza cunha retórica lembranza de Castelao para rematar, nun xiro anunciado, exaltando a figura de Ramón Piñeiro «posibilista» e «sensata» que condicionou a política e a cultura galega fronte dos postulados utópicos dun tan grande artista como mal político. Esta confrontación “buscada” por parte dun galeguismo de amplo espectro como a penicilina, non pretende outra cousa que xustificar un pasado para lexitimar un presente cuestionado, mediante o uso das institucións oficiais.
A historia do pretendido desencontro comeza cando Castelao se afinca en Buenos Aires xa rematada a guerra e atópase cunha numerosa colonia galega fragmentada e enfrontada o mesmo que a sociedade arxentina a respecto da guerra de España. Así, se o Centro Galego mantivo unha actitude morna e condescendente co franquismo, a Federación denunciou desde o primeiro momento o golpe de Estado defendendo a legalidade republicana.
Este mesmo esquema de confrontación debuxan os medios de comunicación porteños; mentres «La Nación» servía de apoio aos golpistas, Crítica seguía unha liña editorial prorrepublicana. En paralelo cos escritores correspondentes de guerra, a Sociedad Argentina de Escritores proclamábase antifascista e a Sociedad de Escritores Argentinos declarábase franquista. Pero non remataba a quí a polarización, existían outros moitos eixos de confrontación: nacionalismo/republicanismo; comunismo/nacionalismo ou emigración/exilio.
Houbo numerosos intentos de paliar esta situación confusa e estéril que se aceleraron cando se albiscaba o remate da guerra mundial que despertaba fundadas esperanzas de poder derrubar o réxime ditatorial de Franco. Neste contexto conflitivo o nacionalismo galego, vasco e catalán reconstrúen o pacto Galeuzka na procura do recoñecemento que xa obtiveran coa aprobación dos seus respectivos Estatutos; esta unidade, especialmente buscada por Castelao, tiña como espello o nacionalismo vasco, que se presenta como Goberno prescindindo da acción partidaria; Castelao pretende tamén co Consello de Galiza (1944) formular unha proposta de unidade coa clara intención de gañar forza negociadora que acadara o recoñecemento definitivo do Estatatuto plebiscitado en xuño de 1936. Tiña a proposta do rianxeiro, morto Bóveda, sempre na secretaría do Partigo Galeguista, unha lexitimidade pola súa pertenza ininterrompida ao cumio dirixente se temos en conta a súa condición de Deputado, tal como valora Beramendi na súa documentada monografía («De procincia a nación. Historia do galeguismo político», 2007). Nos 4 anos e medio de prazo que tivo o Partido Galeguista para desenvolver a súa actividades, eran dous, en resumo, os encargos da militancia : a reunificación do nacionalismo e construír a nación.
Sendo a máis decidida non foi o Consello de Galiza a única proposta de unidade porque xa morto Castelao sucedéronse as tentativas por parte do exilio, a máis sonada o Congreso da Emigración (1956) coa mesma resposta obstrucionista do insilio piñeirista. Como non é este formato comunicativo o máis apropiado para unha exposición pormenorizada do problema permítome apelar a unha sentenza que non está ditada por xuíces ou historiadores ou polo poder político establecido, é un veredito promulgado polo pobo, que transpasou fronteiras e tempos para instalarse na conciencia dos galegos. Refírome ao título de guieiro que lle foi outorgado a Castelao, recoñecemento que non ten capacidade a Universidade para expedilo e que lle concede certos privilexios como consecuencia do interese que desperta a súa opinión que acredita unha autoridade ética e moral entre os seus lectores e seguidores.
Curiosamente o título concedido, a distinción outorgada non depende da súa capacidade, depende da súa función. O guieiro é un espello para a sociedade porque é capaz de construír mapas, sextantes e espellos orientadores. Nestes artefactos reside a conciencia común, esa conciencia compartida, ese ver, non precisamente o mesmo, senón a través do mesmo instrumento permitíndonos falar dunha conciencia pública, dunha conciencia nacional. O instrumento para a consecución deste título único é , como dicía Hannah Arendt, unha vida exposta á mirada pública e que se puxo a proba no ámbito público, que o pobo galego refrendou construíndo coa súa conciencia nacional unha especie de orla que engalana a distinción outorgada.
Suscríbete para seguir leyendo
- Al menos cinco personas estafadas en el área de Vigo por una oferta de empleo publicada en Milanuncios
- Davila 10/12/2025
- La nueva empresa estatal de vivienda elige Vigo para estrenarse: 67 pisos saldrán al mercado de manera inmediata a precio «asequible»
- Un muerto y tres heridos en una colisión frontal en Redondela
- El Celta cae por aplastamiento
- Hacienda tumba en masa las reclamaciones de marineros por la exención de IRPF
- Acoso en las redes y amenazas a una peluquería canina de Bueu por la muerte de un perro
- Viajar de Vigo a Lisboa en tren en menos de seis horas ya es posible
