Opinión
Cati Somoza Calviño*
O Rodo, orgullo cambote
Centos de cambotes asistimos, coa máxima das ilusións, ao encontro anual da cooperativa O Rodo, unha celebración que todos consideramos, interiormente, como un día grande no noso concello, porque esta agrupación agrogandeira, das máis importantes de Galicia, é un auténtico orgullo para todos nós e a mellor embaixadora da nosa terra.
Porque O Rodo ten moito feito por todos os veciños de Rodeiro, incluso por aqueles que non se adican ao sector primario, porque O Rodo é o maior elemento de unidade do noso municipio e un símbolo de identidade do que todos nos sentimos partícipes.
E por elo quero agradecer a todos os que fixeron e fan posible que este soño do Rodo sexa unha realidade e medre cada día desde a súa ilusionante constitución hai exactamente corenta anos. Porque desde a súa creación, esta nosa cooperativa, que loxicamente é dos seus socios, tivo o gran acerto de converterse en patrimonio de todo Rodeiro porque a súa actividade trascende ao sector primario, malia ser o seu fin, e podemos dicir que O Rodo vén a ser a maneira en que o noso pobo ten de manifestarse cara o mundo.
E tamén quero pedirlle a todas as administracións públicas, con total humildade, que sigan apoiando sen desmaio e axudando a cultivar este gran proxecto económico e social, porque o futuro de Rodeiro será con O Rodo ou non será.
Estamos ante unha iniciativa totalmente estratéxica do noso concello e por iso quero agradecer e destacar a colaboración que a cooperativa está a ter da Xunta de Galicia, cunha achega no último ano de 300.000 euros, e tamén da Deputación de Pontevedra que, da man de Luis López, un cambote orgulloso de ser fillo dun cooperativista máis desta casa de todos, vén de duplicar este ano a súa axuda ata os 44.000 euros.
Porque estas achegas, máis que necesarias, son imprescindibles para a modernización, con maquinaria e outras medidas, dun sector duro como poucos, satisfactorio como ningún, porque che permite tocar a terra e vivir cos animais cada día, e que en Rodeiro vivimos e sentimos como en ningún sitio.
E sen máis, reiterando o meu agradecemento a toda a gran familia do Rodo por todo o que supón para o noso querido Rodeiro, quero despedirme amosándolle a miña admiración e cariño a todos os seus membros, absolutamente a todos. Aos que foron, aos que son, aos que serán.
Viva O Rodo. E viva Rodeiro.
*Voceira do PP de Rodeiro
- El buque «Novaya Zemlya» descargará en Cuba tras el veto a hacerlo en España
- «Tuve que renunciar a mucho y adaptar mi vida para conseguir ser jueza»
- El emblemático Hotel Bahía de Vigo renueva su imagen: adiós a los azulejos azules y más de 5,4 millones de inversión
- El ourensano Diego Fuentes, futuro 'copadre': «Pensé que no tenía por qué ser peor que otro sistema porque al final se trata de conocer a alguien con quien establezcas una afinidad»
- ¿Por qué conviven vecinos y huéspedes en el Hotel Bahía de Vigo?
- Villa Elisa ya es propiedad municipal
- Punto y final a la burla de Cerdedo
- Quiebra la excontrata gallega de centros logísticos de grupo Inditex