Opinión | Segunda feira
Menos Halloween
Xa se foi o Halloween, que tamén se escribe de outras maneiras parecidas no seu lugar de orixe que é Escocia. Apareceu por primeira vez en letras de molde este nome o ano 1786 no libro «Burns’s Poetical Works», Groombridge, Londres. Considerouse esta colección de poemas, algúns escritos en dialecto escocés, como o punto de partida dunha literatura nacional escocesa: baladas, narracións, descricións de paisaxes e sentimentos, presentan as características dun autor romántico rico en recursos literarios.
Nesta obra de Robert Burns inclúese un poema titulado «Halloween» onde nos describe a lenda en que se basea tal festa. Para ilustración dos lectores que non soubesen o máis elemental sobre ela, aparecen no libro varias notas referentes á noite do 31 de outubro, cando os demos e outros fillos do mal saen dos seus acubillos e veñen onde os humanos. Precisando a nota que «son vistas, particularmente, aquelas xentes aéreas chamadas fadas que celebran as súas grandes festas anuais.»
Parece que a voz rouca de Louis Amstrong se tinxise con ecos sobrenaturais cando canta «All the Saints / all machin-in». Porque non convén esquecer que no inglés arcaico «Falloween» significou algo semellante a «Todos os Santos». O caso é que, pasados os séculos, as pantallas do cine reproduciron unha e outra vez a festa do Halloween que se introduciu así en colexios, sociedades xuvenís, reunións de rapaces e discotecas de todo o mundo no que se inclúe Galicia.
De todos modos parece que o Halloween mantén aquí un pulso con outra festa moi semellante e ancestral de orixe gaélico: Samaín, ou Samhaíin, ou mesmo Samhna, con significación extensiva a todo o mes de novembro en Irlanda e Escocia gaélica. Na celebración do Samaín caían as barreiras que separan o mundo dos mortos do dos vivos e algúns seres míticos traspasaban tales fronteiras e tiñan encontros cos humanos e convivencias extraordinarias foron establecidas. No noso tempo o grande difusor do Samaín foi o autor bretón Jean Markale, moi lido en Galicia.
Suscríbete para seguir leyendo
- Davila 12/12/2025
- Revés para un desarrollo urbanístico clave en Vigo, al exigir la Xunta un examen ambiental más riguroso
- El BNG urge la compra de Povisa: «Cuando la sanidad se convierte en un negocio, las empresas ven clientes, no pacientes»
- Gadis abrirá un supermercado de casi 2.000 m2 en Policarpo Sanz
- El hombre que intentó quemar viva a su expareja en Vigo: «Fóiseme a olla, prendinlle lume á miña exmoza»
- La Firma Salvia: el innovador método patentado por el Cunqueiro para detectar el deterioro cognitivo años antes que los síntomas
- Davila 13/12/2025
- Salvador Beloso rescata la historia del tranvía de Vigo: «Nos lo arrebataron de manera injusta»
