Opinión
IDEAGOV
IDEAGOV, acrónimo do International Center for Decentralization and Governance, naceu hai un mes no seo da Universidade de Santiago de Compostela coa vontade de situar a Galicia no mapa mundial da investigación e da transferencia de coñecemento sobre gobernos subcentrais, gobernanza e descentralización, dende a dobre perspectiva da economía e da ciencia política. A súa ambición é conectar o pensamento académico coas demandas reais das institucións e da sociedade, convertendo a Galicia nun espazo referencia internacional neste campo complexo e decisivo para o futuro das democracias.
Esta semana, IDEAGOV celebrou o seu primeiro evento, cunha reunión na que participaron por investigadores de múltiples países, dende Sudáfrica a Estados Unidos, pasando por Canadá e Suiza, entroutros. O asunto central foi un tema tan fascinante como delicado: as vantaxes e os perigos das solucións asimétricas na organización territorial dos Estados. Os españois coñecemos ben esta cuestión, tanto polo sistema foral como polo debate actual provocado polas propostas dos partidos independentistas cataláns. Trátase dun ámbito aínda pouco explorado, pero de enorme transcendencia para a convivencia e o equilibrio institucional.
A asimetría é un fenómeno diverso: mesmo países moi centralizados, como Francia ou Portugal, presentan asimetría notables, habitualmente vencelladas á distancia respecto da capital ou á insularidade, como sucede en Córsega, Madeira ou na Martinica. Nalgúns casos, a asimetría está recoñecida constitucionalmente —como ocorre co País Vasco e Navarra—, mentres noutros, como Quebec en Canadá, non conta con amparo formal. Estas fórmulas poden axudar a manter unido un país, mais tamén corren o risco de converterse nunha estación intermedia cara á fragmentación e ruptura dos países. Ademais, con frecuencia derivan en desigualdades e sentimentos de agravio comparativo entre territorios.
A realidade demostra de que dependendo das condicións de partida, dos procesos implementados e das fórmulas escollidas, os resultados poden ser moi diferentes. En 2026, continuaremos traballando para ofrecer unha diagnose máis sistemática e fundamentada na evidencia sobre as causas e consecuencias da asimetría na descentralización, e sobre cando cabe agardar que unha asimetría axude a unidade dentro dun Estado e cando pode minala.
Este é outro exemplo máis de por qué as ciencias sociais son esenciais para gobernar o noso futuro con sentidiño, xa falemos de IA, de gobernanza, de cambio climático ou de avellentamento. A Xunta está a facer unha aposta innovadora e decidida pola investigación no sistema universitario galego. E a semana pasada deixou claro que tamén aposta polo equilibrio ao presentar a Fundación Galtia. O Conselleiro Román Rodríguez anunciou que nas cinco primeiras fichaxes haberá paridade entre homes e mulleres. De novo, moi atinado. Confío plenamente que ese equilibrio estenderase tamén no vector de especialización. Porque non se entendería que as ciencias sociais quedasen fora.
- Beatriz Fernández (27 años): «Tuve que renunciar a mucho y adaptar mi vida para conseguir ser jueza»
- Un ciclón llega a Vigo: vientos de más de 80 kilómetros por hora, lluvias fuertes y olas de hasta seis metros
- Retenciones en Vigo: varios autobuses de turistas portugueses complican el tránsito en Beiramar
- Estas son las tiendas y centros comerciales de Vigo que abren hoy, lunes 8 de diciembre
- El buque «Novaya Zemlya» descargará en Cuba tras el veto a hacerlo en España
- Vigo sella el contrato que le permitirá ejecutar su plan masivo de «humanizaciones» en 300 calles de la ciudad
- Vecinos denuncian la conversión de una discoteca en after hours
- El Concello de Vigo desembolsa ya casi 1.000 euros por vecino para sostener los servicios públicos
